20100519

Morte, non asasinato

Un lector ou lectora leva varios comentarios en entradas anteriores, fóra de tema da entrada correspondente, lembrándome que non dixen nada da anciana morta na fin de semana na clínica onde estaba a consecuencias das queimaduras causadas por unha pelota que entrou na súa tenda. No seu momento, publiquei 'xogos de guerra', e sigo pensando o mesmo despois da morte da anciana e de falar cos familiares.
Coido que hai que distinguir. E que hai uns trámites xudiciais en marcha. E que en poucas noticias (pero coido que en tódolos medios) saiu que os mesmos que estaban coas pelotas fóra da tenda, xunto con outros pequenos e maiores que estaban dentro e poideron resultar queimados, foron os primeiros en colaborar para tentar que o queimado fora o menor posible, ó ver o resultado das súas accións.
Disculpalos? Non. Estou de acordo en que as responsabilidades hai que telas e levalas coas consecuencias, por moito que haxa unha compoñente de insconsciencia grande, ou unha tentativa de diminuír o efecto. Pero distinguindo. E polo momento, se ben parece que se sabe ben quen foi implicado, no xulgado queda por determinar que culpabilidade teñen.
Estou de acordo en que actitudes de irresponsabilidade ou peor aínda, o mellor é corrixilas cedo, mellor que tarde. Pero un linchamento non deixa de ser un linchamento, por moito que os linchados podan ser cualificados de vándalos. Polo menos, eso é o que creo. Foi unha morte provocada, non un asasinato.
E no blog coido que teño falado ata o momento da actualidade de tan só tres mortes, e nunca para tratar de criminales ou disculpar a causantes.

Ningún comentario: