A raíz dunha nova de prensa, deixo a ligazón á alegación presentada polo Tesón, así como ó regulamento do hospital asilo aínda vixente e ó comentario do pleno no que se fixo unha variación inicial (xaneiro).
Nun pobo con taxa de emigración alta, coido que era convinte o facer unha variación ó regulamento que marca as condicións de entrada ó asilo. Quizáis aínda así marque unha diferenciación non desexable entre os nados aquí e os non nados, substituíndo unha igualdade 'demasiado igual' para algúns cunha discriminación baseada no lugar de nacemento, Ribadeo, feita por cuestión de cálculo de votos. Ou é que se vai aplicar unha igualdade de dous anos de residencia para alguén que residira só os dous últimos, ou do 1963 ó 1965, ou dende o nacemento ós dous anos? Xa veremos como remata quedando no pleno do próximo luns.
Coido que máis impactante que o plantexamento dunhas ou outras condicións (ó fin, se son para todo o mundo igual, ...) foi o motivo do cambio: dúas persoas que nun momento determindado queren entrar e atópanse que non reúnen as condicións. Entón, por relación cun partido (unha persoa que se entera e que pertence a un partido), vai e plantéxase o cambio argumentando que existen esas dúas persoas. Porque ese foi o tema tal como se plantexou no pleno: non unha percepción xeral, senón intereses determinados nun momento concreto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario