O expreso da Robla, tren turístico camiño de Santiago, terá unha parada en Ribadeo. Trátase dun novo impuso ó turismo: cearán no parador aínda que durmirán no tren, segundo as novas. É dicir, un impulso á noite dos xoves ribadense, exercido de xeito continuado dende xuño a setembro, que é de supoñer haberá que complementar.
O anuncio, que se completará hoxe, ven acompañado na prensa dunha nova diatriba contra a SGAE, da que xa teño falado abondo no blog (0, 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, ...) e ten saído outra nota na web do concello (1, e ista, 2), diatriba que pretende recortar gastos, pero que entendo que debera de ser só unha de tantas cousas neste sentido.
Pero sobre todo, ven acompañado dunha nova: o concello non para para tentar que non se perdan os cartos da obra da travesía cedida por Fomento, e que constituiría (esperemos, constituirá) unha obra fundamental para a estrutura de Ribadeo. É dicir, parece que o equipo de goberno tenta continuar a normalidade do máis posible, aínda dentro da ameaza da moción de censura, e segue coas súas prioridades. Hai que ter en conta que ademáis, unha inversión como a prevista na travesía, ten efecto multiplicador na dinamización económica de Ribadeo, polo que non é extrano que se tente seguir adiante, e máis cando xa se ten demorado abondo polos cambios feitos para tentar favorecer ás empresas do ámbito ribadense e planea a dúbida, a pesares da ampliación do prazo de execución concedida por Fomento, de que poda ser acometida en tempo. Neste caso, o importante da idea quizáis sexa o título da nova de hoxe na Voz: Suarez, alleo á posible moción de censura, apremia á oposición para adxudicar a obra da travesía. (sobre o tema da travesía: 1 [último pleno ordinario], 2 [o inicio do tema], 3, 4 [prego de condicións de contratación], ...)
Ningún comentario:
Publicar un comentario