20100510

Relacionado coa economía do concello

A semana pasada xurdiu a nova dunha fonte de aforro do concello: a rotura das conversas para o convenio colectivo dos funcionarios.
Parece evidente que, se se aplica a suba proposta polo estado para os funcionarios, que se da a entender que é menor da que se reclamaba en convenio, vai a haber un aforro. A nota de prensa tamén se aplica que non se van conceder outras prerogativas pedidas. Un comentarista radiofónico aventurou que se o alcade cría que ía perder votos pola rotura do convenio, ó mellor se enganaba. Dende aquela, outras voces se levantaron na mesma dirección. Coido que se pode pulsar na rúa que así é, que non vai supoñer unha perda de votos, senón unha ganancia.
... alomenos, de xeito inmediato. Porque o que contará mesmo a curto prazo, é sobre todo a eficacia do servizo municipal. E iso non está asegurado. Estaríao co convenio?

1 comentario:

agremon dixo...

A día hoxe, na mañá do mércores 12 de maio, remato de escoitar na radio a rebaixa nun 5% do soldo dos funcionarios a nivel estatal dende xullo. Coido que o mantemento dos soldos a nivel local non representa unha especial incidencia da crise no concello de Ribadeo.
Outra cousa é o xuízo sobre as causas da cris, sobre o que debería actuarse e non se está a facer.