A nova de hoxe, dende a prensa ó concello, é que Ence quédase. A nota do concello non deixa claro moitas cousas, como por exemplo, se ese más de millón de toneladas é para un tempo maior que un ano, cousa que parece que é así, e que pode significar un tráfico menor que o actual.
Resulta moito máis ilustrativo o artigo de La Voz, onde se ve claro que Ence ganou a partida das dúas opcións manexándose con diplomacia entre dúas ofertas de dous conxuntos de administracións e axencias, unha de tipo máis político e outra máis económico, pero ambas coas dúas compoñentes.
E, no medio, Ribadeo de rehén.
Quizáis se vexa como algo esaxerado, pero a ameaza de pechar o porto se se ía toda a carga de Ence fóra non parece de recibo por parte de Portos de Galicia, igual que non parece por parte do concello que sexa para botar as campás ó voo o acordo acadado, aínda que certamente é un alivio que confirma o que se matinaba xa dende hai tempo.
De calquera xeito, a continuación de Ence está ahí, igual que se desvela un pouco máis a trama na que levo insistido moito, e que se negou dende diversos lugares, da raíz política do asunto, manexada por intereses non exactamente económicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario