Xa levan varios días por Ribadeo os carteis correspondentes á manifestación a favor do hospital da Costa. Reproduzo a convocatoria que me chegou da plataforma de Defensa da Sanidade Pública na Mariña, na que está integrada a AVV O Tesón, e para a que sairán autobuses dende Ribadeo (para elo, contactar co 982129161):
MANIFESTACIÓN 26 DE XUÑO ÁS 12 DA MAÑÁ
SALVEMOS O HOSPITAL DA COSTA
DEFENDAMOS A SANIDADE PÚBLICA NA MARIÑA
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública na Mariña convoca unha manifestación o vindeiro sábado 26 de xuño ás 12 da mañá con saída do Hospital da costa e remate na Praza da Mariña en Burela.
Pregamos encarecidamente a presenza dos veciños da Mariña, así como o voso compromiso en convidar amigos e veciños para que participen na mesma.
Neste sentido queremos lembrarche que o que nos estamos xogando é que o Hospital da Costa siga a manter os servizos que hoxe ten ou a maioría deles se trasladen ao novo hospital de Lugo, o que significaría un retroceso máis de 25 anos na calidade asistencial dos mariñáns.
Na mesma manifestación imos esixir da Xunta de Galiza que cumpra os seus compromisos coa Atención Primaria e que se remate co estado de abandono na que está asumido a mesma o que a coloca ás portas do colapso.
Sen outro particular unha aperta
2 comentarios:
Hai unha cousa moi clara...si as matemáticas non dan non se pode facer nada...ou ¿queredes endeudar máis o sector público? Ó meior a solución pasa por unha xestión centralizada en Santiago...quizás así ó meior se reducían os 3 anos de espera para ir á consulta do oculista.
Este é un caso similar ó que pasa coas comunidades. ¿Cantos centos de millóns de euros se gastan innecesariamente por a descentralización de servicios? Moitos.
Como espero tratar pronto da manifestación, só unhas verbas. Coido que de facer recortes, mellor noutros sitios, como dixen máis veces. E non teño nada craro nin que sexa un aforro a centralización en Lugo (ou en Santiago) ou, e o que si teño craro é que 'iso' non reduciría o tempo de espera, así, sen máis.
Publicar un comentario