A nova de que o balón empregado no mundial é impredicible a alta velocidade e polo tanto as bondades dos xogadores ou do conxunto dunha selección terían menos importancia no resultado dun partido do que xa se supón, lembroume unha cousa sobre a que cría ter escrito pero non: 600 000 euros (100 millóns de pesetas) para cada un dos vintetrés xogadores da 'roxa' (13,8 M€) se ganan o mundial de fútbol, pero cifras proporcionais segundo vaian avanzando no campeonato, logo xa teñen prima. Os xogos son xogos porque teñen unha parte de impredicibilidade, e é isa parte o que veu aumentar a nova do balón ...
Enténdese que a suma da prima é extra, a parte do seu abultado soldo, e do correspondente ó entrenador, técnicos, hoteles, desprazamentos, ..., o que levaría a cifra a multiplicar eses 13,8 M€.
Pois ben, despois do xuízo ó 'patriotismo' feito na ligazón anterior, a cousa está no que lle toca a Ribadeo nese pago. Hai que dividir esa cantidade entre 4600 porque Ribadeo ten unha poboación desa orde en relación a España ... e quedan 3000 €, medio millón das antigas pesetas. Ou 30 céntimos por persoa
1 comentario:
A moderna sociedade española, social e política, está inmersa nun concepto de menosprecio o diñeiro. Soio así se explican moitas actuacións que noutros tempos non serían comprensibles: o derroche de zapateril, as concesións da asociación Ponte dos Santos ou esto mesmo que ti reflexas da selección das primas a selección futbolera.
Publicar un comentario