20100719

A natureza en Ribadeo, no pobo


Parece mentira, pero a foto adxunta está tomada hai un par de días na subida dende a Vila vella , ó pé da beirarúa. De noite, só un punto verdoso de luz no centro. Un vagalume dos sete ou oito nos que me fixei esa noite na zona.
Para observar e non molestar, pois estes animais tamén sofren tensión se non se lles deixa en paz, e deixan de iluminar, co que o seu valor e beleza quedaría minguado ostensiblemente.

1 comentario:

agremon dixo...

Días despois atopo un artigo onde se manifestan os vagalumes como indicadores de bondade medioambiental: http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2010/08/12/0003_8663892.htm