20100727

Periodismo preventivo

Escoitando onte radio nacional atopeime con este termo, que quixera aplicar a Ribadeo: a definición di abondo, pero é complicada. Trátase de poñer as bases, mediante as novas de prensa, para unha comprensión do que se ve abocado a pasar despois.
En Ribadeo hai novas que cando aparecen, quen está informado, veas como totalmente lóxicas debido ós pasos anteriores dados en política, economía ou por diversos actores sociais. é dicir, en certo xeito, deixan de ser novidade para ser obviedade. Pero para a xente que non está informada do tema, son polo contrario novidade que parece xerada da nada, descontextualizada. E polo tanto, atribuíble ás máis diversas causas, manipulizable, ...
En certo xeito, o blog tenta ser periodismo preventivo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Os que nos estamos informados de nada alucinamos con que Paco Rivas vaia de xefe da conselleria do Mar. Manda carallo ca democracia que temos, regálanse postiños por no presentarse ás eleccións. Pois se cren que isto vailles dar mais votos aos Pepeiros van de cú.