20100902

Un transporte especial

Chegou o transformador ó porto. Xa hai un par de días que leva cargado. Non obstante, non se movera onte pola tarde dalí. Nunha conversa casual pillada ó paso pareceume entender que se tiveran problemas na desestiba, pero, tivérannos ou non, o caso é que se puido ver (quizáis aínda se pode) no porto un xigante de transporte articulado, que non deixa de ser unha curiosidade tanto para lembrar en charlas como para ter conta dela históricamente cando se refiran á potencialidade do porto de Ribadeo e ó seu funcionamento.

Remítome polo demáis, ó xa dito a pasada semana sobre o transporte do transformador chegado a Mirasol.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Parece ser que ese transporte xigante articulado é soio para atravesar a Ponte dos Santos, co fin de distrubuir o peso.
Parece que lle rompeu unha peza o transporte e está a arranxala. José Mª