20101029

A Torre dos Moreno

A Torre dos Moreno, símbolo de Ribadeo, pero recoñecible tamén como símbolo máis aló, estase a caer. A división da propiedade, a dificultade de acceso ós propietarios, e a falta de titularidade pública, xunto coa falta de cartos do concello para levar adiante de xeito unilateral unha reparación, implican o abandono e un futuro negro. Teremos que rematar a dicir nunha recollida de sinaturas algo así como 'Salvemos a torre'?
Ó que parece, o custe de renovación e aseguramento da fachada e cuberta pode saír por entre 3 e 4 M€. Non están bos os tempos para sacar unha grande suma, pero se temos en conta que o paseo ás Aceñas vai custar máis da metade de dita cifra, non sería cousa imposible nin moito menos.
Mentres, un díptico, un libro á venda na oficina de turismo, non serían posibles? sería un xeito de ir comezando a canalizar o interese polo mantemento dun edificio que, de non facelo, rematará caendo a cachiños, como xa o está facendo agora.
O seu futuro unha volta remozado e asegurado? Un edificio oficial, ao menos en parte, pois non é plan de meter cartos públicos en cantidade e que quede en mans privadas. Por exemplo, un museo, con visita á cuberta e un dos pisos, acondicionado como podía haber estado hai un século (como ocorre con La Pedrera) e visitable, cos outros habitables (a idea non é miña). É dicir, unha fonte de cartos e orgullo para Ribadeo e un símbolo reforzado en troques dunha fonte de rabia polo seu estado.
... e, pasiño a pasiño, achégase o seu centenario. O Tesón xa ten comezado a remover para a celebración.

4 comentarios:

José A. Bolaño dixo...

Tamén está de moda dar entrada o capital privado nas obras públicas ¿Por qué non? Existen Entidades que teñen unha marcada orientación social. Todo sexa por crearse unha boa imaxe.

Saudos.

Anónimo dixo...

esperemos que chegue ó centenario...

agremon dixo...

Si é certo o que di Bolaño, pero dun tempo a esta parte, cada vez son menos independentes.

agremon dixo...

Chegar ó centenario? Home,, caer 'de todo' é difícil. Chegar en peor estado que agora, case seguro...