Despois das dúas entradas anteriores sobre o pleno e o inciso sobre as vidrieiras da capela do cemiterio, unha curta para non perder o fío do pleno de luns.
O punto 5º da orde do día era relativo á aprobación do convenio con ACISA 2011-2013, que supón 12 000 €/ano e que inclúe cousas diversas (pareceume que mesmo se nomeou un 'plan sobre o ruído', pero non podería asegurar que entendera ben). Naturalmente, foi feito a partires dunha comisión mixta, e os grupos votaron de xeito unánime.
O seguinte punto foi o apoio dunha reclamación conxunta para a urxente reparación da Ponte de Arante. Despois do cacao mediático que se montou dende hai algún tempo sobre se era pertinente unha reconstrucción ou tirala e voltala a construír, se un vano ou dous, se incumpría en relación a augas de Galicia ou ó Camiño de Santiago que pasa por ela, se se están a facer as cousas rápido ou polo contrario se poñen atrancos, etc, non foi novidade o tratamento que recibiu no pleno. UPRi opinou que o texto debera estar nunha orla (a entender que foi dito de xeito satírico, non de louvanza), PSOE, que a culpa é da xunta, con departamentos que nn se poñen de acordo, PP, que a redacción era poética e que a alcaldía non fixera nada ata o momento, e distinguiu o portavoz entre a figura do representante de cultura da Xunta na Provincia e o concelleiro portavoz do PP, que coinciden en persoa pero que, ó visto, actúan de xeito independente e sen ter, por exemplo, un ós datos ós que accede o outro a raíz do seu cargo. Alegou o BNG a defensa dos intereses do pobo, e que non tiña tanta 'literatura', pero que se podía quitar. A cousa non colou quitando a literatura e quedou a votación cos 4 do BNG a favor, 2 de UPRi absténdose e 7 de PP e PSOE en contra, co que non prosperou.
Ningún comentario:
Publicar un comentario