Onte voltou a haber pleno. Antes de referirse ós puntos do día e a súa solución, coido que é preferible deterse un pouco no seu desenvolvemento en xeral. Chegou a haber no momento de máis público 14 persoas,despois de haber vairos retrasdos en entrar e comezar a saír xente pouco despois de unha hora de transcurso. Non é raro que a xente non vaia, pois aínda que os plenos neste mandato cambiaron abondo, cun desenvolvemento en xeral máis apacible e centrado, as polémicas seguen sendo abundantes, crípticas debido á desinformación ou sinxela falta de información previa en relación ás diferentes comisións nas que os temas foron tratados, e tamén porque as discusións moitas veces se fan como se nun café se tratara: con sobreentendidos entre xente que presuntamente se coñece. Ademáis, o tempo parece estar pensado para dar algunhas voltas innecesarias ós temas, mentras non se cambia de posicións preestablecidas e se fala, pero non se escoita como non sexa para recoller guantes e voltalos a lanzar; poucas veces se consideran datos comúns, centrándose nos favorables ás posturas preestablecidas; úsase dos plenos para facer preguntas que deberan estar xa resoltas cando se accede a eles e parecen máis destinadas á galería, etc.
En canto a onte, vaia polo momento só a orde do ía, incluíndo decretos da alcaldía, o regulamento da ORA e a aprobación das taxas correspondentes, o convenio marco con ACISA ata o 2013, a reclamación da urxente reclamación da ponte de Arante, a aprobación da ordeanza reguladora da axuda no fogar, a modificación de taxas de servizos municipais en concesión a empresas privadas, as contas xerais do 2009, a renovación dos representantes en consellos escolares e rogos e preguntas, a parte dun punto relacionado coa web 2.0 do que non sei a formulación exacta, e a contestación das preguntas de O Tesón ó final.
Siguen varias entradas sobre o pleno ata aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario