20101123

Do pleno (aínda)

Volto seguir o fío do pleno do pasado 15 de novembro para rematar.
A ordeanza reguladora da axuda no fogar foi aprobada por unanimidade, pasando á modificación das taxas por auga, saneamento, lixo, piscina e vertedoiro de escombros. Son precisamente as taxas dos servizos que levan empresas. A todas aplícaselles o incremento de 1,15%, ipc acumulado dos dous anos últimos, que parece ser o requisito legal mínimo para estar dentro da legalidade e que as empresas non podan reclamar. Foi ó pleno despois de pasar da comisión polo voto de calidade do alcalde, anunciando os grupos a súa votación na sala dun xeito diferente ó da comisión: BNG e PP, a favor (PP avisando de que 'mellor era nada'), PSOE en contra e UPRi abstención. Co aviso de aprobación, a discusión foi suave, destacando só dous incisos do grupo socialista: un para dicir que eles si votaría, en caso de ir en votación desagregada, a taxa do vertedoiro, e que no caso da piscina, as contas están pendentes de revisión pola instalación de paneis solares.
O punto décimo, as contas xerais do 2009, punto donde o portavoz do PSOE marchou, deu lugar a un nov debate sobre a débeda do concello, a súa variación, etc. Foron aprobadas só cos votos do BNG, despois dun intercambio de cifras no que parecía un diálogo de xordos con algún momento de audición. Dous anacos de charla: 'PP: pois poden aforrar máis. BNG: evidentemente, sempre se pode aforrar máis'; 'Vicente (BNG): Cada vez se debe menos. Rivas (UPRi): eso non o cree vostede nin borracho'. ... así están as cousas.
O punto seguinte foi a renovación dos consellos escolares, e logo, moción de UPRi e rogos e preguntas, rematando tarde coa xa referida falta de contestación ás preguntas de O Tesón.

Ningún comentario: