Resulta que o luns, en pleno municipal, tratarase dos aparcamentos ribadenses. Preténdese que pasen de ser gratuítos a ser unha zona ORA controlada por parquímetros, incluíndo a r/José Vicente Pérez Martínez. Comprobo que a rúa corresponde ó cacho de antiga estrada que pasa polo mercado (ocupando así a ORA todo o cuadrilátero da praza) e asáltame unha dúbida, quen foi José Vicente Pérez Martínez? Atopo 'La aportación musicológica del ribadense José Vicente Pérez Martínez' , que fai unha biografía de varias páxinas nun artigo que ocupa 27 e que é, con moita diferencia, o que maior cantidade de información aporta dos que rastrexei na rede. O autor, Juan Bautista Varela de Vega (1933-), pode consultarse como autor de 7 libros co seu ISBN (ver abaixo), e na bibliografía do artigo citado, aparecen, ademáis, dúas obras de José Vicente Pérez. Quizáis sería cousa de lembrar a Don José Vicente un ano destes, agora que se achega Santa Cilla e os concertos correspondentes...
Por certo, que parece que dos aparcamentos, co que comezou o artigo, o que se discute non é a súa bondade, conveniencia ou abundancia, senón máis ben o prezo...
Bilbiografía de JV Pérez Martínez:
Pérdida de la provincia de la Isabela de Luzón (Filipinas)
Anales del teatro y de la música (...) 1883-1884
Bibliografía de JB Varela:
Juan Montes, un músico gallego
Músicos de Valladolid : antología biográfica
El músico Juan Montes y los poetas gallegos
Cinco séculos de múscia na catedral de Lugo
Historia do Orfeón Lucense
Homenaje a Luis de los Cobos Almaraz
Encuentros con la música... desde mi mesa
Ningún comentario:
Publicar un comentario