20101111

O perímetro de Ribadeo e a súa área



O perímetro, uns 5,3 km. De xeito aproximado, a área, 1,77 km2. Isa é a área 'real' no que se pode ubicar Ribadeo-cidade. Aínda que se pode máis ou menos visualizar en Google (imaxe da dereita), obtense moito mellor no Sigpac, como se ve na imaxe (abaixo), e queda limitada pola vía do ferrocarril, a antiga estrada á Ponte dos Santos, a autovía, o paseo marítimo, o porto e a estrada de circunvalación. Non é que Ribadeo non poda medrar fóra dese perímetro enunciado, é que dito perímetro representa unha barreira física importante en calquera dos tramos, de xeito que establece unha relación dentro-fóra, diga o que diga no seu día o novo PXOM. Evidente que fóra do perímetro xa hai construcción, como as que se estgablecen 'á outra beira da estación de FEVE', pero por eso mesmo non deixan de estar 'á outra beira'.
A condición de 'urbano' queda así establecida dun xeito visual. E a pouco que se mire a foto de satélite, tamén se ven nela as liñas básicas de debuxo do desenvolvemento urbano, con tres liñas que se abren ordeadas a partir do IES Dionisio Gamallo, a auténtica rúa transversal que representa o eixe de Rosalía de Castro e unha zona 'desordeada' na estrada cara ó interior.

Ningún comentario: