Anda estes días pola prensa a realizacón dunha fototeca en Ribadeo. Deuse o aviso dende o concello dun convenio polo que a Deputación cedía 5 000 € para a realización do proxecto, e logo tamén se avisou da posta en marcha, comezando a próxima semana a recibirse o material no telecentro, co compromiso de devolución e aínda entrega dunha copia dixital. A idea non está mal, aínda que entendo que debera vertebrarse mellor tanto con iniciativas públicas que xa hai como con outras privadas. Así, na mesma páxina do concello hai varios conxuntos de fotos, antigas e modernas, que coido deberan integrarse, como as galerías de fotos na páxina principal do concello ou o museo virtual de Ribadeo [ver comentarios], tamén accesible dende esa páxina e que pretende constituír un todo a partir de fotos antigas que nada por diversos lugares. Na beira privada, en flickr ofrécese unha morea de fotos de agora mesmo (tamén en Picasa, pero estas son menos útis a efects de Ribadeo-Ribadeo), a páxina de Ribadeo en facebook está a desenvoltar unha labor de dar a coñecer as imaxes do Ribadeo actual, con moitas fotos xa publicadas e con algún comentario, sen esquecer os libros de fotos que teño deixado eu en publicado en Ribadeo (Ribadeo falls, Ribadeo no tempo ou as dúas series de fotos antigas) ou aínda as fotos que teñen saído neste blog (ou sobre a ría) que entre exteriores e interiores soben do milleiro.
En fin, algo máis para conservar a memoria e así ter unha base de historia para poder encarar o futuro Ribadeo ... quizáis, porque non é só dispor de algo, e usalo para un fin. Como visión alternativa, algueń pode pensar: 'ou un gasto de 5 000 € para algo que xa se estaba a facer de calquera xeito...'. Máis visións alternativas? Pois por exemplo, unha fonte de ingresos complementaria para manter en funcionamento algo útil como o telecentro.
Mágoa de falta de tempo! Unha páxina medianamente ben feita onde se centralizaran as referencias ás fotos de Ribadeo que se van colgando na rede coido que sería moi ben acollida, mesmo daría oportunidades de negocio. Pero o dito: material hai en abundancia, tódolos días está a aumentar, e require moito tempo...
4 comentarios:
Antonio
El enlace al museo virtual de Ribadeo no funciona.
Coincido contigo. Creo que solo un proyecto que pueda ser "autoadministrado" por los usuarios tiene posibilidades de crecer. Hay una idea de "museo virtual" que puso en marcha 20minutos y que funciona bastante bien. Puede que desde la web del ayuntamiento sea la mejor plataforma. Posiblemente también desde algún medio de comunicación bien dotado tecnológicamente- eso descarta al Progreso de Lugo que parece pertenecer a otra época. Desde la Comarca del Eo seguro que sería muy interesante, aunque en este caso hablamos de algo que pertenece a otra época....geológica, no solo por lo tecnológico, sobre todo por los contenidos...Que me perdonen sus lectores, entre los que me incluyo, pero la Comarca del Eo es un producto momificado y casposo a mas no poder. Y ya que sigo hablando de medios, y por el mismo precio, creo que la experiencia de Crónica3 es muy buena y digna de ser potenciada a tope.
Lévome a sorpresa do que di Ángel no comentario anterior. Certamente, a ligazón non funciona e pregúntome se se pagaría o sitio, por exemplo, aínda que outras ligazóns do pagus tampouco funciona, pero si a páxina principal nun servidor pagado por ... Guadix, e a páxina de Guadix, claro: http://www.pagus.guadix.es/index.php?option=com_content&task=view&id=82&Itemid=170
Incorporo unha nova ligazón, apuntada por marsop: http://www.guillermogonzalez.com/galicia/index.html (mirar da páxina 190 en diante)
Voltando ó comentario de Ángel, coido que se pode falar co concello e Crónica3.
Publicar un comentario