20110109

Trasliterando algo coñecido.


Recollo o coñecido texto de Martin Niemöller:
“Primeiro viñeron polos comunistas e non dixen nada porque eu non era comunista.
Logo viñeron polos xudeus e non dixen nada porque eu non era xudeu.
Logo viñeron polos sindicalistas e non dixen nada porque eu non era sindicalista.
Logo viñeron polos católicos e non dixen nada porque eu era protestante.
Logo viñeron por min, pero para entón xa non quedaba ninguén que dixera ren.”
Non é a primeira trasliteración que vexo, e saíume de xeito natural esta outra:
“Primeiro viñeron polos gregos e non dixen nada porque eu non era grego.
Logo viñeron polos irlandeses e non dixen nada porque eu non era irlandés.
Logo viñeron polos portugueses e non dixen nada porque eu non era portugués.
Logo viñeron polos españois e non dixen nada porque eu non era español.
Logo viñeron por min, pero para entón xa non quedaba ninguén que dixera ren.”
Entendan ou non, controlen ou non, teñan a sartén polo mango ou non, que pensan Francia ou Alemaña, que van quedar libres cando todos ó seu arredor van caendo?

2 comentarios:

Renato Núñez dixo...

acabo de polo no facebook. espero que non che pareza mal. unha aperta.

agremon dixo...

a verdade é que, oito meses despois, 'resulta profético'.