20110114

Vai de rifirafes

Cara a unhas eleccións, non só conta o presumir do que se fixo ben e tentar escapar do que se fixo mal ou non se fixo, senón outras cousas, como tentar que se vexa o que se fixo mal como ben feito, que a xente asuma as posturas que se defenden, e, deporte nacional, atacar ó contrario ou mellor, as súas obras, atraendo ó tempo os titulares, a atención, para ter público para o que se queira.
Destas cousas estánse a ver mostras continuamente na prensa, e aí está de novo o alcalde de Castropol deixando caer algunha flor cara a Ribadeo para crear sentemento de unión entorno á súa figura no seu concello. Que outra razón pode haber senón poara os contínuos ataques?
A prensa de hoxe tamén se fai eco da polémica do PSOE ribadense, cunhas acusacións que coido graves pero que no clima xeral actual, posiblemente quedarán en palabras gordas e algo de peor imaxe. Con iso, quedan outras polémicas interpartidos sen espazo hoxe na prensa, cambiando algo o mapa de novas do día...

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Suscribo absolutamente as opinións de Fernandez Reinante vertidas sobor da valía dos membros do grupo socialista de Ribadeo. E suscríboa polo coñecemento e as experencias vividas con eles na campaña que lanzou a candidatura de Pérez Vacas a alcaldía. Cdon esas bases non é de extrañar que os candidatos fagan o que lles pete. Mágoa que non se atrevera a dicilo moito antes.

agremon dixo...

E que opinas, en que quedará todo?

Anónimo dixo...

repatinResposto o amigo agremon dicindo que neste intre ao Sr. Fernández Reinante non lle importa o actual PSOE de Ribadeo. Unha formáción sen valor presente nen futuro, da que soamente se aproveitan persoas como Pérez Vacas ou Gutiérrez para acadar os seus fins. O fallo do Sr. Fernández Reinante estivo en integrarse o goberno de Pérez Vacas no canto de quedarse dirixindo a formación socialista e controlar ó goberno, como eu mesmo lle acosellara.