20110210

Cambio de táctica? Parece que mellora en calquera caso.

Roubos diversos fixeron que, tras unha xuntanza de urxencia da Xunta de Seguridade hai xa algún tempo, aparecera pola zona un helicóptero da Guardia Civil cunha potente luz que, o primeiro día de actuación, estivo usando ata ben tarde. Dende aquela, ten recorrido o ceo ribadense de xeito que o pode ter ben coñecido, e deu lugar a comentarios diversos, moitos deles interpretables como 'matar moscas a cañonazos' ou 'gato con guantes (caros) non caza ratos', xunto con outros que lamentaban a falta dunha acción máis directa ou sinxelamente asignaban o uso dun aparello tal a persecucións policiais peliculeras. Hoxe aparece na prensa a existencia dunha patrulla de cinco axentes de paisano, que cos pés no chan, é de esperar teña un rendemento mellor que o helicóptero, ou ó menos que o complemente dun xeito decisivo.
En canto ós ladróns, comentouse no seu momento que poderian ser unha banda de extranxeiros, rumanos, que actuaría tendo a base noutro lugar. Cando se collan, que é de supoñer que chegará, saberase máis do tema.
Mentras, parece que a ola de roubos atenuou algo, e que, a pesares deles, a zona non sobrepasa grandemente a media do país. Aínda que si o fai en relación á media que se viña tendo na zona, polo que respecta a roubos abondo máis tranquila que outros lugares. Claro que a xente perxudicada terá unha visión máis negativa.
En canto a psicoloxía da xente, de nós, en relación á 'ola de roubos', tamén poderían sacarse consecuencias. Ti, que opinas?

Ningún comentario: