Parece que un pub de Ribadeo aberto hai 17 anos e medio, o Pasillo, vaise pechar para instalar nel outro tipo de local de hostalería. Xa espuxen en varios artigos previos (aquí, aquí, aquí ou aquí) que era necesaria unha reconversión dos locais tipo pub, referíndome ó xeito no que estaban a funcionar. Neste caso, a baixada de xente debida á crise e o ver de xeito práctico o bo froito que está a dar outro tipo de local de hostalería do mesmo grupo estimo que foron os dous puntais básicos para o cambio.
O anterior non quita que, nunha liña que ven sendo común dende hai algún tempo, se me apunte como causante do peche. Algo que resulta raro pois que eu saiba nin unha soa das medicións sonométricas que lle afectaban foi considerada como motivo dunha sanción, quedando, as que foron tramitadas, nunha petición de que vixiaran o tema sonoro. Outra cousa é que non tivera sanción algunha, pois sei que alomenos tivo unha (din a reseña dun pleno onde se preguntaba por unha sanción de 200 € ó local, e asemade por dúas a outro do mesmo grupo, ignoro a causa de ambas, se foi por portas abertas, horario ou outras)
Naturalmente, unha acusación así, aínda que non trate nada ilegal nin máis aló da procura dun mínimo de calidade de vida, non podía vir soa, había que instrumentala, polo que se convoca un botellón. Pregúntome se será para amolar á xente dos locais que aínda seguen a traballar, potenciando agora 'a oposición' (eu nunca vin o botellón como oposición ós locais de copas, pero sei dos argumentos que teñen saído máis dunha vez nos medios). En calquera caso, parece que resulto útil como o que se soe chamar 'chivo expiatorio', aínda que a reforma poida ser para mellorar o rendemento pecuniario dun local. Sinxelamente, segue a serie de ataques ós que xa me teño referido algunha vez, e mesmo teñen saído nos comentarios. Deixo unha cita de algo que lin onte mesmo: '(...) o cometido dos cidadáns libres é examinar os feitos para desenmascarar as mentiras' [Amin Maalouf, en 'El desjuste del mundo'
Agradezo dende aquí á xente que me avisou do tema e á que me amosou a súa solidaridade.
--Anexo: Vexo hoxe no El Progreso que se lle confirmou, por parte da Xunta, unha multa de 300 € a un pub de Antonio Otero, como reincidente dunha infracción de superación de horario.
14 comentarios:
No entiendo muy bien que ha pasado pero lo intuyo mas o menos. Así que ánimo.
Gracias, Ángel. La cosa es que el Pasillo cierra y hay un grupo en Facebook que a raíz de eso, se vuelve a meter conmigo, después de intentos anteriores de desanimarme. Tengo claro que llevo 17 años presionando para que no molesten y que algo he ido consiguiendo, pero también que respecto al cierre del pub el efecto es secundario. En último caso, con adaptarse a la limitación de ruido ya estaría resuelto el escollo.
Me alegra saber que hay más gente que, aún siendo clientes asiduos de los locales de esta gente -como es mi caso- saben leer entre líneas el oportunismo barato...
Era tan de esperar que hubiera movimientos en el local tarde o temprano como que llegado el momento algún iluminado te sacase a relucir;
Yo intentaría echarle humor y aprovechar, es un fin de semana precioso para ir de cena y fiesta a cualquiera de nuestros pueblos vecinos.
Tomo nota de la sugerencia, gracias.
Antonio
La experiencia en estos casos dicta un comportamiento como el que te sugiere el comentario anterior: tomarse las cosas con cierta distancia.
Incluso muchas veces la existencia de ese tipo de páginas suele ser la mejor vacuna para evitar que pasen cosas mayores, pues va en el interés del que lanza esas páginas que no pase nada no vaya a ser que le declaren responsable de incitación al delito.
Normalmente en unos dias baja el calentón y como siempre hay gente que se pasa el responsable del lanzamiento elimina los contenidos mas agresivos.
Por eso te aconsejo que tomes alguna instantanea gráfica de lo que se vaya publicando. Para que quede constancia, sabes, solo para eso...Es el mejor seguro.
De nuevo, gracias por el consejo.
Vai pechar ... esta noite, de venres a sábado, xa o fixo ... ás 6 da mañá.
Hoxe aparece no El Progreso unha nova cunha exposición de motivos e unha lista de sitios pechados en Ribadeo hai non moito. Entre outros, Millo, Catedrais e outros 2 na r/ Villalba, o tablao flamenco e unha discoteca, a parte dos que se reconverteron, actuando máis ben de día. Aínda non está dispoñible en internet.
A ligazón á nova da que falaba no comentario anterior: http://elprogreso.galiciae.com/nova/77131.html
"Hay que decir que el local no fue ajeno a la polémica. Se vio atrapado en ella por las denuncias, sobre todo, de dos particulares. Hicieron reformas y siguieron adelante aunque esa situación no les benefició en nada."
Este párrafo anterior, do artigo de El Progreso, fai que semelle que
- So duas persoas en todo Ribadeo sintense molestas polo pub.
- As reformas efectuadas foron suficientes para eliminar os problemas de ruido.
- "aunque esa situación no les benefició en nada" Di que a situación, a polémica, non lles beneficiou.
a)cal e a polemica?
b)exactamente en que "non lles beneficiou?¿deixaron de ter clientes?¿problemas cos permisos?
Parece un artigo inocente, pero nun so párrafo déixanse caer moitas cousas. da para un libro sobre o suposto punto de vista que temos que ter os ribadenses.
Quero saber quen e P.V., o firmante do artigo. Máis que nada para saber con quen me cruzo pola rua.
Moito ánimo Antonio. Sen ti Ribadeo seria unha completa mafia.
P.V. é Pablo Villapol. E a verdade é que aínda que ese parágrafo é ladino, tentando nadar e gardar a roupa, o resto do conxunto do artigo da unha imaxe relativamente clara do tema.
En canto o que se tenta desprender dese parágrafo, hai queixas de xente abonda, se ben non tantas denuncias formais, e é evidente que as reformas non serviron para anular os ruídos. Por outra parte, como ti dis, non deixaron por iso de ter clientes ou non comezaron por iso a ter problemas cos permisos.
Despues de vivir trece años de infierno absoluto con los ruidos en el centro de mi ciudad, me creo capacitada para poder entender el infierno por el que estás pasando y por el que has pasado.
Pero encima de eso tener que aguantar a esta gente me parece de Juzgado de Guardia. La verdad es que con sus actos demuestran la clase de personas que son.
No te dejes desanimar por una panda de niñatos indeseables y sectarios que duernmen en sus camitas arropados por sus mamás. Mucho ánimo Antonio, te mandamos nuestros mejores deseos. Leonor
Simplemente, gracias.
Quero deixar constancia de que recibín un comentario que non vou publicar polo momento. Non por estar en contra miña, que o está, nin por ser insultante, que non o é, senón porque responder á mala información que ten supoñería dar unha información que non quero dicir polo momento, mentras haxa causas xudiciais pendentes e poda utilizar precisamente esa información.
Publicar un comentario