Dende hai tempo sabemos que a tele non é imparcial. Sabemos que en xeral os medios sofren diversas presións e que non é doado que algunhas novas cheguen ó público. A entrada de hoxe non é mais que unha mostra: algo que non sairá na televisión, e que se verá na prensa de diversos xeitos, como se pode observar comparando o comentario do discurso de Álex de la Iglesia no El País ('se muestra conciliador') co correspondente en Público ('internet es la salvación de nuestro cine')
Abaixo, un vídeo co abucheo que acompañou á ministra Sinde á chegada á Gala dos goya, celebrada onte, coas máscaras de 'V de Vendetta' que foron adoitadas para o caso.
Ah! por se acaso fai falta unha aclaración: no fondo, o modelo de internet: libre vs dependente, aberto vs cerrado, de peaxe ou de imposto, ...
-- Un engadido posterior, do blog de Enrique Dans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario