Hai pouco tempo que se viñan rumiando medidas para evitar a caída da Torre dos Moreno. Na fin de semana houbo unha sorpresa: o cambio de titularidade do 50% da propiedade da Torre. A cousa entendo que pasou de:
21% pertencente ó Concello
15% á familia Vigil de Quiñones Parga
10% á familia Sevilla (entendo que é así por informacións que me chegaron, se ben a prensa fai recaer esta porcentaxe a herdeiros arxentinos e non puiden testar cal é a opción válida)
35% ás familias Quintana Calamita e Basanta
19% a herdeiros na Arxentina
a:
21% pertencente ó Concello
50% a Paisajes de Asturias
10% á familia Sevilla
19% a herdeiros na Arxentina.
A cousa pode ser boa ou mala de cara á conservación do edificio. En principio, enténdese que se unha empresa o merca, é para darlle aire, para aproveitalo, o que implicaría un coidado e polo tanto os preceptivos amaños e reformas para que non só non se caia, senón que se poda aproveitar como residencia ou servizos. Non obstante, non só queda o impedimento do 29% alleo ó trato e ó concello, senón que a prensa faise eco de que a empresa asturiana xa ten outro edificio en Ribadeo, a Casa dos Perecitos, sinalada na toma do sigpac (ver foto ampliada) cunha cruz, na r/ Viejo Pancho, na praciña entre as 'Catro calles' e o Hotel Rolle (r/ Ing. Schulz, que presenta unha fachada uniforme debido á tea de cobertura de obra que tiña cando se tomou a foto). A casa está literalmente sen balcóns ou teito, esperando dende que o concello tomou a decisión de evitar que houbera un accidente. É evidente que non está sendo aproveitada; máis ben parece que está 'á espera' dunha rendibilidade especulativa. Espero que non sexa así, pero é a impresión que da. Mal andariamos se coa Torre se segue o mesmo camiño.
E é que o tema da venda da Torre parece ter algo de falta de diplomacia: di o alcalde que se enterou pola prensa, mentres o representante de Cultura - Xunta en Lugo anunciou a operación, despois de estar ambos os dous no allo da conservación da Torre, para a que se decidiu (concello) un apuntalamento que aínda non se levou a cabo por falta de cartos (30 000 €). Vistas así as cousas, o tema parécese a unha especie de 'OPA hostil' na que alguén alleo en principio, a empresa 'Paisajes de Asturias' se fai cunha parte decisiva dun inmoble para especular. Entendo (non é o que di o ordenamento xurídico que puiden consultar) que os copropietarios dun inmoble deberan ter dereito de tanteo, co que o concello teríao, e aínda que non teña a capacidade económica para afrontalo, tería ese primeiro aviso da posibilidade de exercelo. Polo tanto, a cousa iría máis aló das malas relacións entre alcalde e anteriores propietarios.
Vista a nota de prensa do concello, non parece confirmarse o dereito de tanteo, pero si a necesidade dunha cautela por falta de información e declaración de intencións.
-- Actualización, un día despois:
Unha nota de prensa do concello indica que os compradores parecen colaborar: ogallá sexa así, o que non invalida os comentarios xa feitos.
-- -- Actualización posterior:
A familia Sevilla vendeu a súa parte a Paisajes de Asturias. A parte do concello tamén perece destinada á venda.
8 comentarios:
Antonio
Seguro que conoces que Paisajes de Asturias son los compradores del palacio de loos Trenor en Figueras. Tengo referencias de esta gente de Oviedo y se que son especialistas en comprar propiedadas en litigios testamentarios. Alguna referencia mas sobre esa operación he tenido ocasión de conocer.
Como ves tan pronto como el alcalde anunció el procedimiento sustitutorio los propietarios le han visto las orejas al lobo y han procedido a acordar la venta de los derechos a un tercero que "seguramente" ya estaba en tratos con ellos desde vaya usted a saber cuando.
Es una operación de libro a la que se habría tenido que enfrentar otra mas audaz y sólida encabezada por la sociedad civil ribadense.
Pero por lo que se ve la sociedad civil ribadense ni está ni se la espera. Seguramente porque los que tendrían que haber empezado por dar la voz de alarma ni se enteraron de esas operaciones subterraneas. De haberlas conocido seguramente hubieran tenido otras opciones.
Por otra parte me temo, Antonio, que el derecho de tanteo no es aplicable a una propiedad que entiendo está regulada por la Ley Horizontal. Ahora bien, delante del registro de la propiedad se pueden plantear desde el ayuntamiento y desde las instituciones innumerables pleitos de dominio que le hagan la vida imposible a los compradores. Me imagino que estos habrán ligado parte del pago a los propietarios vendedores al buen fin de las operaciones. Incluso no me extrañaria que el pago se hubiera hecho en parte mediante acciones en alguna mercantil adhoc.
Sabes que en anteriores comentarios comenté que la acción sustitutoria iba a abrir el melón. Así ha sido pero de una forma que posiblemente no sea la mas propicia a los intereses del pueblo. Que se le va a hacer. Ahora lo que toca es que el ayuntamiento no de un solo paso atrás en sus planes. Incluso que se arme un plan ciudadano para intervenir desde fuera en los conflictos que se vayan sustanciando. Incluso con capacidades de abrir una suscripción popular para comprar paquetes de propiedad que incrementen y sumen las opciones "públicas" sobre las privadas. Hay muchos mecanismos para enfrentar los acontecimientos pero todos ellos exigen que el pueblo esté activo. Como la cosa dependa esclusivamente de las instituciones vamos listos a la vista de los antecedentes.
Por último solo que queda decir que el factor "asturiano" no añada ni reste argumentos a la historia. Sería un error de proporciones colosales que a alguno se le ocurriese utilizar ese factor de forma perturbadora. Al final el capital no tiene mas patrias que el dinero. Tu ya me entiendes...
Para min a cousa está moi clara: este edificio é parte do patrimonio cultural colectivo (é de todos, por así dicilo), independemente de quen sexa o propietario ou propietarios do mesmo. Se estes non poden ou non queren amañalo, que se expropie e punto (se é primeira vivenda para alguén -cousa que dubido- que lle dean outra e senón, Xa está ben de especular!).
Estanos a propoñer un mundo no que todo é mercantilizable e isto é inaceptable.
Non coñecía que a empresa era tamén propietaria do Pazo dos Trenor. Xa é outro edificio máis que polo momento teñen en propiedade e sen reparar.
Si, unha operación encabezada por xente de Ribadeo posbilemente tería sido mellor opción, pero a cousa está en que non foi, e de cara ó futuro, co 50% da propiedade nas súas mans e comentarios de que están en contacto cos propietarios arxentinos, a cousa chega máis ben tarde. Quizáis sexa hora d epoñerse detrás do concello para espolealo a defender os intereses comúns dun xeito activo, na liña da que moito se ten falado e pouco feito: ver o comentario sobre que se deixamos todo en mans das institucións, adeus.
En canto ó dereito de tanteo, si coincido con Ángel despois de tentar a procura das bases legais, pero de calquera xeito, o axitar as augas legais, tal como está a cousa, pode levar a unha mellor solución do mantemento da torre, na mesma liña que Ángel di que unha volta iniciado o procedemento, os propietarios movéronse: polo menos, venderon.
'A patria do capital é o banco, do que actúa como corsario'. Que sexa 'asturiano' coido que pouco importa.
O edificio é patrimonio de todos. Totalmente de acordo; coa cultura social que temos, é como se non fora de ninguén. E aí entra o de mercantilizable: ó fío dos comentarios anteriores, pode considerarse que os cartos teñan unha vequente social, en favor do común?
A Torre dos Moreno foi declarada BIC (Ben de Interés Cultural) en 1997 pola Xunta de Galicia, protección que se viu ampliada coa declaración BIC da Vila de Ribadeo en 2004. "Supoñemos" que a xente da Xunta tamén se lles poderá esixir algo o respecto, si é que lexislan o que lexislan para algo ou só é para saír nos papeis da prensa
MEJOR EN MANOS PRIVADAS QUE COMO ESTÁ AHORA. UN EDIFICIO COMO ÉSTE POR MUCHO QUE LO REPAREN SIEMPRE SERÁ REO DE UN GRAN MANTENIMIENTO. UN PUFO A CORTO Y LARGO PLAZO PARA EL AYUNTAMIENTO, OSEA PARA EL PUEBLO. MEJOR VENDERLO Y EXIGIRLE A LA EMPRESA ADJUDICATARIA QUE LA RESTAURE Y CARGUE CON EL MUERTO
Seguro que en mans privadas está millor o edificio, sempre e cando a entidade privada, teña algo maís que cartos, esto é, que teña ganas de restaurar o edificio, e non deixalo caer para logo facer no solar o que lle pete. E esta "firma" e dona da cas dos Perecitos, que está en ruinas, de unha casa de indianos en Valdepares, que está en ruinas, agora a Torre dos Moreno que etá en ruinas...e non se ve movemento algún, o redor de ningún destes edificios para restaurar. Polo tanto, creo que caémos, simplemente, en mans de especuladores de "alto standing"..... xa iremos vendo..
Polo que di o alcalde de castropol na prensa, O Pazo dos Trenor e a torre de Donlebún, tamén serían deles e estarían para repararse / xa lles terían feito algo. Aínda non comprobei se fixeron algunha obra.
Publicar un comentario