20110311

Nota de prensa

Esta mañá enviei a seguinte nota de prensa a conto da aseveración do candidato socialista á alcaldía, de diversas cuestións que non son verdadeiras como base para dúas propostas, a retirada do pago mensual que o concello me aboa por sentenza xudicial e a imposición dunha taxa por medicións sonométricas en caso de que o resultado sexa 'negativo':
"Unha resposta sen ruído
En relación á nota de prensa e declaracións do candidato á alcaldía de Ribadeo polo PSOE polo tema do ruído, son un veciño estrañado de que un candidato use datos falsos en troques dun programa. Mais, non é raro que ocorra deste xeito ó afrontar un problema que se xestou durante o seu mandato e que non soubo afrontar no seu momento.
En canto á proposta dunha taxa de medición de ruído co sonómetro, a pesar das apariencias segue a lóxica de encarecer e entorpecer o acceso á xustiza para evitar casos, o que non parece moi xusto e equitativo. Se ben teño que dicir que a min non me afecta porque sempre as medicións sobrepasaron longamente os niveis permitidos, aínda que non servira para solucionar o problema. De calquera xeito, moito máis urxente sería unha taxa que os políticos tiveran que aboar se non demostran os feitos que aseguran, o que evitaría declaracións como as realizadas (salvo disposición abondante de cartos).
Quedo a disposición do candidato para as aclaracións que necesite.
"
É moi posible que o asunto traia cola. En tal caso, un comentario máis amplo e as aclaracións pertinentes virán despois.
De calquera xeito e para comparación, deixo a ligazón á nota de prensa do PSOE na COPE e a ligazón no mesmo medio á nova sobre a nota de prensa que expoño máis arriba, (sen ligar coas declaracións orais do alcaldable no mesmo medio, que tamén as houbo, incidindo no tema de datos que apunto)

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Boas vísperas para quen pretende rexir outra vez os destinos do Consistorio. Ainda non gañou a plaza e xa propón a creación d`unha nova tasa. Xa vedes o qué nos espera!

Mariano Grueiro dixo...

Meu rexeitamento coma ribadense a actitude de Balbino: estamos fartos de ruido e de caciques ¿falo claro?
E non sei como teñen a vergoña de falar de gastar cartos. O ascensor "turístico" gastou moitos cartos. O de pagar ún veciño unha indemnización e so xustiza.

Anónimo dixo...

Neste tempo de penurias económicas dos concellos, esta nova política de taxas é moi interesante. O Sr. Gutiérrez debera afondar nela.

Por exemplo, o tema da doble fila, sabemos que é moi impopular andar poñendo multas aos coches que aparcan en doble fila, quen non foi facer un recado ("un segundiño señor guardia") algunha vez? temos culpa os condutores que non haxa suficientes prazas de aparcamento diante dos negocios (unha ou dúas, tres no millor dos casos) pois non.

E sin embargo, hai desalmados que están á espreita agardando que deixes o coche mal aparcado para ZAS!!! chamar á policia. Esto ocasiona un doble perxuizo: por unha banda ao condutor inocente, que non molesta a ninguén e que non ten potestade para decidir onde se poñen as prazas de aparcamento, e o garda municipal, que seguramente tiña cousas máis importantes que facer que andar coidando da fluidez do tráfico e do cumprimento das súas normas.

Pois aí deixo esta proposta, con licencia copyleft, sen esperar ningún tipo de compensación económica, para que calquera candidato, non só o Sr. Gutierrez, a incorpore ao seu programa.

Saúdos dende as Mariñas dos frades.