

Calquera que viñera uns cantos anos por Ribadeo pode levar a mesma impresión: os actos cada vez son máis numerosos e de máis calado. O que iso significa de cara ó turismo e parafernalia está claro. De cara ós fieis, xa é fariña de outro costal.
Mentras, as autoridades seguen a asistir como tales autoridades ás procesións e outros actos. O que choca un pouco nun estado que se declara aconfesional, sexa en Madrid ou en Ribadeo. E nótase máis cunhas eleccións ás portas.
Nótase máis tanto pola cantidade de electos asistentes para a foto como polo contrase con actos de xeite laica que está a tentar reafirmar que o estado, legalmente, é laico.
O resultado electoral? É de supoñer que cando o fan (o asistir ás procesións e demáis como representantes do poder civil nun estado aconfesional, e polo tanto, sen un mandato expreso de facelo de xeito institucional) e incrementan a súa presenza diante dunhas eleccións, esperarán obter réditos a traverso da visibilidade, por exemplo, co que a presenza de políticos nos actos da semana convírtese nunha actuación, a deles, dentro dunha representación -por exemplo, unha procesión- de cara a un público (participantes en ou asistentes a ela).
Ningún comentario:
Publicar un comentario