20110406

Chegaron os vándalos

De xeito periódico sucenden en Ribadeo actos de vandalismo. Por sorte os períodos son longos.
Agora tocoulles o turno ás luminarias do cargadoiro. Pódese ler a nota do prensa do concello, ou observar as fotos. Pero a desolación hai que sentila camiñando polo parque.
Din que vandalismo ven dos vándalos, un dos pobos invasores tras a ocupación da península por Roma, e supónse que é debido ó arrasamento que fixeron sobre o terreo. A cousa está en que ese pobo moveuse e ocupou as terras, e é de supoñer que ó facelo farianse conscientes, alomenos en parte, dos efectos da súa actividade. Neste caso ribadense, a consciencia, onde podería procurarse? Cabe alegar, por exemplo, motivos políticos agora que estamos ás portas dunhas eleccións? É que cabe alegar algo?

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Foi un ataque contra o patrimonio municipal. ¿Quén podería estar interesado en facer dano o concello? ¿Non sería unha vinganza d`algún acreedor?

Im-Pulso dixo...

Ao anónimo:
¿E por qué un acreedor?
Tamén podería ser alguén que quere desprestixiar ao Goberno local, persoa ou persoas de partidos da oposición, ou ben alguén que actúa por vinganza "ideolóxica" apartidaria. É máis creíbel a vinganza "política" que a dun empresario ou acreedor enfadado.

agremon dixo...

Non lle trato de procurar explicación de ningún dos dous tipos, pero entre as dúas expostas, máis ben me inclino pola segunda, aínda que só sexa porque de cara ós acreedores, canto máis se gaste noutras cousas, como amaños no cargadoiro, menos quedará para eles.

Anónimo dixo...

Sinto disentir dos que opinan que puido ser foi unha vinganza política. Pois ese tipo de vinganza só favorece o equipo que está no goberno que o converte en martir.