Hai uns días apareceu o novo convenio entre Concello, Deputación e FEVE para traer asturianos a Ribadeo. Segundo a nova na nota do concello, a Deputación aporta este ano 15 000 €, cun retorno esperado de 700 pasaxeiros en 14 fins de semana (non porque esteña calculado que será así, senón porque é para o que da).
Hoxe mesmo Ribadeo está cheo. Sen tren, e con procesións. No verán, ven sendo tamén así os últimos anos. Este, cada fin e semana, dende mediados de xuño a mediados de setembro, incluídas as patronais, a Deputación poñerá pois máis de 1 000 € para traer a 50 persoas, isto é, 21,43 €/persoa. A Ribadeo no verán veñen abondo máis de 700 persoas e non se botan cálculos sobre o que custa atraelas, porque está no conxunto de Ribadeo, dende a súa paisaxe ata a xestión da limpeza das súas rúas.
Neste caso, xa que hai subvención, coido que sería cousa de facer o cálculo do retorno esperado. Como non teño máis datos de custes e beneficios, aquí só podo limitarme a botar algúns números, como xa estou a facer, e tentar esbozar algunha comparación sobre o retorno logrado pola inversión. No pobo, Rinlo, a praia das catedrais e Mondoñedo. Porque os turistas van a Mondoñedo e os cartos da Deputación son de toda a provincia, non só de Ribadeo. Aquí estaría o primeiro tema a considerar: hai quen pensa que os cartos públicos non son de ninguén, e polo tanto ó non ter dono son dos primeiro que os pilla. Evidentemente, non é así, ou non debera selo. Tamén hai quen considera que ó ser de todos, se os logramos nós, é o que ganamos, e aínda que a ganancia nun punto concreto, 'nós', non equilibre a perda xeral, non importa, porque 'nós' somos beneficiados, e ó resto, que o parta un raio. Esa consideración é un paso previo para o expolio de dous puntos e seguido antes. Coido que os cartos de todos hai que invertilos para ben de todos (en inversión direitamente produtiva ou indireitamente, que o servizo público tamén é produtivo, e pode selo moito), aínda que a 'nós' nos toque menos relativamente por esta vez. O resto non deixa de ser algún tipo de tráfico de influenzas, máis suave ou máis duro. De calquera xeito, como unha análise exhaustiva do rendemento comería o orzamento e non quedaría para a inversión, hai que deixar unha marxe á confianza e á bonhomía dos nosos directivos.
Voltando ó rendemento, unha nova de 2009 da algún dato máis sobre números que se manexan. Daquela a viaxe costaba 124 € para 1 noite en Ribadeo. Agora non aparecen datos de custe, pero é de supoñer que ande por 135 €, ó que se sumaría a subvención. Hai que sacar os gastos de transporte, tanto ata Ribadeo como logo por Ribadeo e Mondoñedo e facer contas para ver cantos cartos chegan realmente, e se quedan, en Ribadeo. Así saberemos se paga a pena.
Coido que si podería pagar a pena para todos o beneficiarnos de esa subvención, pero facer un pouco de números claramente é mellor para todos que un anuncio de que chegou unha subvención.
4 comentarios:
Hai veces que o turismo pásalle como a inmigración; que xa non é sostible. Véxase, se non, a pérda que tivemos da praia chamada das Catedrais, que xa non podemos utilizar os nativos. Son formas engañosas de entender a vida, que teñen mais que ver co interese político que co benestar dos veciños.
A sostibilidade parece sr moi difícil de entender...
A nota dí: traerá a turistas á nosa vila procedentes de Asturias. Eso non quere dicir asturianos necesariamente, non clasifiquemos a xente por favor
Non era a miña pretensión 'facer clasificacións', como pode verse polo que digo
Publicar un comentario