20110513

De novo, unha vez recuperado o servizo, unha reflexión rápida (e bruta)

Parece que isto se manén estable alomenos uns minutos...vai logo

Onte non houbo debate. Cabe preguntarse pola influenza que tería en caso de terse celebrado. Hai poucos días deixei reflectida nunha entrada nova de que a campaña pode influír nun 15%. E un debate? En canto pode influír? Non é unha influenza asemade o acordo de suspensión do debate?, como apunta o blog municipais Ribadeo 2001? A quen beneficia máis unha suspensión de actividades? (por exemplo, ós partidos grandes ou ós pequenos, a quenes teñen máis votos nunha circunscrición ou a quen ten menos, a quen ten máis recursos ou a quen ten menos, ...) Mesmo, cabe plantexarse a pregunta anterior nun momento dunha catástrofe con nove mortos a 1000 km ou non? (un dato: cada día morren en España máis de 1000 persoas) Ou quizáis a catástrofe sirva para persoarse políticos principais na zona e facer outro tipo de propaganda diferente (só en certo xeito) á dos días anteriores?

O dito, algo curto e quizáis pouco político, a pesares de levar a etiqueta de 'política'.