20110510

Desmelenándose ou recolléndose a melena?

Aínda que a mona se vista de seda, mona se queda: hai tempo que se coñece (ou se debera coñecer á mona polo seu aspecto e os seus actos; non convence un poñerse guapa de última hora. Pero intentar, inténtase.
O Ribadeo en Rexional Preferente? Foto de conxunto. A ver quen falta!
Incumprimentos do equipo de goberno (os dos outros sempre serán máis devaluados)? Vídeo para resaltarlos (con exposición nas catro calles).
Como no caso do alonxamento dos presos vascos, os presos non quedan en Ribadeo e as competencias son doutros, pregunta no momento oportuno.
O centrarse na construcción favoreceu a destrucción? Máis construcción, como proclaman en Barreiros: 'Co desbloqueo do urbanismo volverá o emprego... e o resto'
... A campaña xa ten mítines parroquia por parroquia, ata completar en Ribadeo (houbo quen o fixo ó revés, comezando por Ribadeo), e quedan nas novas outras cousas relegadas entre tanta palabra, como a mostra arredor de Hernán que se inaugurará venres (por certo, cunha boa foto na Voz), pero tamén un auténtico debate sobre cousas factibles con poucos cartos, ou a facilitación dunha vez de 'pequenas cousas' como que as bicis sexan unha alternativa en Ribadeo: segundo unha recente infografía de 'Público', para estar á altura de Pamplona corresponderíannos uns 3 km de carrís bici...
Mentras, artigos como o de José María de onte seguirán aparecendo. Ou, noutro enfoque moi diferente, como o de Ángel de Olavide de hai uns días.

1 comentario:

Ángel de Olavide dixo...

A ver si la gente al leerme se da cuenta de la posible existencia de un tipo de turistas a Ribadeo no prevista: la de los abstencionistas. Me he enterado que ya somos unos pocos los que habiamos pensado inicialmente huir a Ribadeo para no tener la tentación de votar. Aunque parece que a última hora nos ha entrado el canguelo....