Un vídeo. 6 minutos. Non un programa. Xogando á contra, pero tamén afirmándose. É a novidade introducida pola UPRi. Suso López fai un estudo dende o punto de vista da comunicación. Pero o mesmo blog, en comentario anterior, (ou hai un pa de días neste blog) xa deixaba caer que non é cousa duns poucos días, e o BNG (mellor dito, o alcalde) leva colgado na rede xa unha cantidade respetable de vídeos sobre realizacións; é posible que un a un se vexan moito menos, pero en total seguro que foron máis vistos, e dende o pensamento de hoxe, menos oportunistas (o que non quere dicir que no seu momento non foran oportunistas, como propaganda que son).
En relación ás outras forzas, onte unha furgoneta patrullaba as rúas de Ribadeo avisando dun mítin do PP, ó mesmo tempo que outra de UPRi desgranaba a súa propaganda. a estética e impresión visual, semellantes me levou a confundir un momento entre ambas, ó ir falando e polo tanto, sen caer na mensaxe. Respecto ós carteis danse curiosidades, como o enrugamento dalgún candidato que fai imaxes a modo de caricaturas, ou o viraento dalgún outro que emparella candidatos
Por outra banda, en facebook xurdiu 'ereccións municipais', cuns carteis de comparación entre diversos persoeiros televisivos e os candidatos ribadenses. Quizáis sexa para compensar o escaso movemento do blog de UPRi (que comezou a moverse de novo ó comezo da campaña despois un par de anos de inactividade), blog do candidato do PSOE ou o nulo da páxina do BNG. Sobre os perfís e taboeros dos candidatos en Facebook, é ilustrativo o que di Suso López na entrada 'radiografía ciberpolítica de Ribadeo'.
Mentras, lembrar que o filtro do que se di (dos candidatos) debe ser correspondido por un filtro do que se escoita (nos cidadáns).
2 comentarios:
jajaja, que bo que nos poñas nas referencias. graciñas.
o meu colaborador e máis eu queríamos participar animando a xente a participar con algo ao 'noso xeito', como di a canción.
Pois iso, eu tamén participei ... ó meu xeito
Publicar un comentario