20110503

Os rastros do 1º de maio: unha curiosidade

Non deixa de ser curioso que onte un xornal (a Voz) especificara na edición en papel nunha minguada portada para a provincia (polos anuncios da primeira local) o exiguo número de traballadores asistentes ás diversas manifestacións que houbo en varias localidades, sen notárselle moito a división sindical, como querendo remarcar que a nova era só a existencia de manifas. Na segunda local, a temática era ben diferente: unha morea de pequenas notas que daba fe da inundación de xente nas diversas festas en pobos e aldeas ó longo da xeografía provincial, contrastando coa nota da primeira páxina...
Volveremos agora á rutina de traballo, salpicada de novas máis próximas: ponse en marcha un parque de bombeiros comarcal esperado durante o decenio anterior, asínase un novo convenio do ARI para Ribadeo, comezan a ser xa normais os 'Ribadeo de tapeo' cunha nova edición en marcha, as comisións de urbanismo para a probación do plan non se paran, pero non rematan,

Ningún comentario: