20110505

Programas electorais

Xa comezan a saír os programas electorais. En Publicado en Ribadeo está colgado dende hai días o programa do PP (en formato liso; pronto estará como folleto de propaganda), e onde colguei o programa do BNG (xa en folleto de propaganda, pero enteiro). Os programas dos catro partidos nas eleccións pasadas están en Ribadeo historia.
Coincide esta nova co aviso de que o día 12 haberá un cara a cara dos candidatos auspiciado pola Voz.
As posicións comezan a verse un pouco máis claras, si clarificadores se consideran os programas electorais. E é que os programas poden prometer o ceo, pero mercado con cartos alleos ou con sinxelas mentiras. Non por iso caeu hai tempo nas miñas mans un libriño publicado polo xornal Público titulado 'O arte da mentira política', de Jonathan Swift, o das 'Viaxes de Gulliver', que é unha delicia ler (háino xa á venda noutras edicións).
Diante dunhas eleccións, cos niveis de promesas que se poden notar hoxe, non é doado distinguir o ouro da palla, e o que ocorre coas promesas dos actos trasládase tamén ós actores dos mesmos.
Teremos que chegar á esixir a aplicación do 'Código de conducta - Partidos políticos en Campaña durante eleccións democráticas'? É algo cortiño, realizado por unha fundación internacional con base en Suecia, e recomendable de botarlle unha ollada visto como se están a poñer as cousas a nivel estatal.

Ningún comentario: