20110422

Prognóstico e máis verbas



Hoxe sae na prensa un prognóstico que me pediron para as eleccións municipais en Ribadeo 2011. Foi 5 para BNG, 4-5 para PP, 3-2 PSOE e 1 UPRi, pero coido que o máis importante do tema non foi iso, o dar un prognóstico segundo unha visión persoal, senón enterarme de que polo visto, o dar a opinión sobre este tema, o emitir un prognóstico, sexa algo que á xente lle custe traballo facer. Polo que parece, dicir o que un pensa non só non é político, senón que xera medo. E medo da a situación que isto provoca.
Hoxe haberá unha confrontación entre os catro candidatos. Despois de catro anos, e de catro anos de asistir a moitos plenos, será curioso velos noutro ambiente, pero sobre todo, corroborar o dito actual co dito pasado e co feito. E os temas? Supoño que como en edicións anteriores de confrontacións deste tipo, serán divididos os tempos e asignados temas a cada un, pero aínda así poderemos ver se se tratan dentro dos apartados xerais un ou outro, se se fai máis énfase ou menos, etc. De calquera xeito, será unha actuación fronte ó 'traballo' do pleno (moitas veces tamén actuación).
A ilustración, a barca de Calvo-Sotelo, a 'Juanín', na nova rotonda da travesía, no xardín, polo momento sen asegurar no sitio e sen mastro, e fronte a unha fonte que segue a dar as costas ó 'parque de indianos'.
- Actualización ó mediodía: O debate da tarde foi suspendido polo terremoto de Lorca (Murcia) -

2 comentarios:

Mariano Grueiro dixo...

Estou saturado de Calvo-Sotelo.
A diferencia doutros babosos recoñezoo públicamente. Satúrame tanto peloteo.

- Baixorelieve no peirao
- múltiples títulos bibliográficos dicindo o intelectual e listo que era.
- Tentan troca-lo nome da rua de Amando Pérez.

(paro xa)
Con tanta cousa e investigando sua figura pasei da admiración o respeto politico e punto.

A este paso tamén poderían exhibir seu vespino vermello, ou eu tamén podería amosar meu vello renault 11. Tamén estou desexando una boa homenaxe o Lero e o Yuma, verdadeiros iconos ribadenses. Nunha rotonda poñer a Puch Condor do Lero e a mobilette do Yuma. Dou do meu peto.

Se tanto se quere o mar nesta vila, que comecen por quita-las pedras da escollera.

agremon dixo...

Sobre o comentario anterior:
Pza. de Calvo Sotelo
Sobre a homenaxe
Marquesado
...
Hai asemade no blog fotos do mural en Porcillán, por exemplo.