20110504

Sobre as pasadas eleccións

A conta dun pequeno escrito que rematei días atrás, dous conxuntos de números sobre as pasadas eleccións.
O primeiro, os votos que costou cada concelleiro a cada partido:
redondeando, BNG, 4 concelleiros a 482 votos cada un
PP 4 concelleiros a 454 votos cada un
PSOE 3 concelleiros a 510 votos
UPRi 2 concelleiros a 450 votos
O segundo, con cantos votos terían podido obter os mesmos concelleiros se os demáis partidos non tiveran variado o seu número de votos:
BNG, 1531 (396 menos dos que sacou)
PP, 1815 (284 menos)
PSOE, 1157 (301 menos)
UPRi, 771 (228 menos)
Co que vemos patente algunha curiosidade sobre o método de reparto chamado 'd'Hondt', pois mentras que o partido que empregou máis votos en cada concelleiro foi o PSOE, ó que menos votos lle sobraron foi á UPRi, ambos os dous partidos menos votados, por iso de que o método favorece ós partidos máis votados en detrimento das minorías.
As táboas para facer as contas poden verse nas entradas correspondentes (aquí, aquí ou aquí, por exemplo)

Ningún comentario: