20110527

Tomando o sol

Inspección e correctivo: socorristas tomando o sol na praia das catedrais, non correcto, tick non recollido, bandeira azul denegada.
Chaman a atención na páxina do concello dúas entradas consecutivas, visibles hoxe, sobre a praia das Catedrais. O cabreo pola perda dun título, o de bandeira azul, é patente, despois da sorpresa inicial. As cousas non soen ser tan sinxelas, pero o certo é que a falta de 'profesionalidade' non se da só nos socorristas, senón outras moitas profesións, ou máis ben, individuos. Evitando esa falta quizáis o tema da crise actual estaría solucionado, por máis que se puxeran de acordo os inversores de deuda, o FMI e algunha institución máis. Pero, neste caso, parece que os inspectores actuaron como debían, e aínda que poda parecer desproporcionada unha medida deste tipo nunha praia onde a xente non vai bañarse (en xeral), as condicións son as que son, e deberan cumprirse. Xa vale do pasotismo amosado noutras moitas ocasións.
En canto á praia, as consecuencias para o turismo coido que serán escasas, e case máis ben beneficiosas a medio prazo, pois a xente ven a ver un monumento natural que, polo tema das bandeiras, pode saír máis veces na prensa, sen que a calidade de servizos na que pensa para a súa visita sexa menor. A foto usada polo concello para ilustrar a nova sobre as catedrais indíaco ao claro: cola kilométrica para acceder ás escaleiras do areal ... Para a praia en si, coido que un pouco menos de presión non lle viría mal nalgúns días: de feito, non é a primeira vez que se oen rumores de limitación de visitas, enfocadas dun ou outro xeito.
Mentras, non se sabe que a organizción que concede as bandeiras dixera nada dun tema como o do aparcamento nunha zona protexida ... e é que os títulos non teñen por que corresponder coa idea que  xente temos deles.

2 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

La acreditación de bandera azul está plenamente desacreditada. Valga el juego de palabras. Por supuesto que no es así por el desaire a la playa de las catedrales. Es así desde hace ya algunos años. Se valoran aspectos puramente formales y apenas tienen entrada en la concesión valores relacionados con la naturaleza, solamente entran en juego aspectos "estanciales". Una cosa que poca gente sabe es que existen otros sistemas de auditoria mucho mas exigentes. Ya son numerosas las comunidades en las que no se persigue con el mismo ahinco esta certificación. Por ejemplo el Pais Vasco. Este año apenas cuatro playas de Euskadi la tienen concedida. Pero es porque en muchos casos no se solicita. Resumen: no sobrevaloremos esta calificación. Creo incluso que Areallonga en Barreiros tampoco la tiene cuando todo el mundo sabe que es una de las mejores playas de la región. Que les den.

J. A. Bolaño dixo...

O certo é que a pesares da publicidade que se lle deu ao feito de que foi a falta de profesionalidade dos socorristas o motivo da perda da bandeira, o caso parece mais complexo. Todos somos coñecedores da situación que se produce na praia en tempadas altas, e esta situación non é nova. Longas colas, escasez de urinarios, falta de aparcamentos, por non falar do dano que se está a crear o medio ambiente pola masificación de visitantes.
A situación require un plan de actuación sosteñible que regule as visitas a praia e protexa o entorno. Quizais (só é unha idea) habría que considerar a praia como non apta para o baño (ou habilitar unha pequena parte) e que só se puidera visitar por grupos reducidos guiados en tempadas altas. Son os xestores os que deben buscar e poñer en práctica as solucións necesarias. Non basta con aumentar o número de socorristas ou o número de limpezas diarias para conservar un patrimonio natural coma o que temos.