20110522

Unha colaboración para (interpretar os resultados d)as eleccións - entrada 2 do día

Hai xa algún tempo que fixen unha entrada que me requeiu Suso para o seu blog, e que estará publicada hoxe nel. Reprodúzoa hoxe aquí como segunda entrada do día, para ver como se reparten as cadeiras segundo o método d'Hondt:

Se hai 13 postos, e hai trece persoas dispostas, non debera haber problema ...

Se son 13 os lugares que hai dispostos e 14 persoas candidatas a ocupalos, hai que elixir. Póñense condicións, criterios, e tómase a decisión. E iso son as eleccións. Pero os votos, o que conta para elixir, só son parte do proceso. Outra parte, moi importante, son os criterios de asignación do cómputo de votos para enmarcalos nos postos existentes
Nun caso concreto, en Ribadeo, nestas eleccións concorren 52 persoas (4 listas electorais, sen os suplentes) para 13 postos. Hai que elixir. Hai 9000 persoas inscritas como votantes, para facer a elección, o que se fai dando un voto cada un dos electores a unha soa lista, encadrada por 13 persoas (novamente, máis os suplentes en caso de que alguén que conte como titular falle e sexa necesario remprazalo).
Deixando a parte a confección das listas, correspondendo cada unha a un partido ou coalición electoral, eses 13 postos en disputa están pensados para repartirse entre as listas que se presentan, como se se tratara de entidades que poideran ocupar cada unha delas varios postos.
Hai varios sistemas de reparto, de asignación deses votos para a ocupación dos postos dispoñibles. En España úsase o método d'Hondt, un deses sistemas. A solución non é perfecta, e o método ten os seus detractores, que lle achacan principalmente que tende a favorecer ós partidos máis votados, aumentando relativamente o valor de cada voto (como se trata de estatística, hai veces que o máis favorecido non é o máis votado, senón mesmo o menos votado).
Voltando ó método, a súa aplicación é de manual. En síntese, logo de escrutar todos os votos, e polo tanto, ter o número deles que acadou cada lista, fáise unha táboa na que aparecen ditos números sucesivamente divididos por 1, 2, 3, 4, ... ata o número total de postos a repartir. Cada un deses números corresponde a un candidato da lista. Así, ó candidato nº 4 dunha lista que obtivera 2600 votos corresponderíalle o número 2600/4 = 850. A partir de aí, vánse collendo persoas para cada posto, dun xeito ordeado, correspondendo ós números máis elevados, ata encher os postos dispoñibles.
Como demostración para ver como se aplica, tomemos o caso das eleccións municipais do 2007 en Ribadeo. Había 13 cadeiras dispoñibles, a ocupar por xente de 4 listas de 13 persoas (máis suplentes). Os resultados resúmense na seguinte táboa:
A parte esquerda da táboa corresponde ós votos obtidos por cada opción, e porcentaxes sobre censo, sobre o total de votos emitidos, sobre o total de votos a partidos, etc. Hai que ter en consideración que os votos que contan són só os que reciben os partidos, non contando para o reparto nin a abstención (principal opción electoral individualizada como pode verse na táboa) nin os votos en branco, nin os nulos.
A parte dereita da táboa é o resumo de aplicación do método d'Hondt. Aparecen nela os números correspondentes ás divisións entre 1, entre 2, etc (non poño todas as divisións por non ser necesario, unha vez cubertos os postos) dos votos de cada partido. A orde de consecución de concelleiros por cada grupo foi:
1º concelleiro: BNG
2º: PP
3º: PSOE
4º: 2º concelleiro do BNG
5º: 2º concelleiro do PP
6º: UPRi
7º: 2º concelleiro do PSOE
8º: 3º concelleiro do BNG
9º: 3º concelleiro do PP
10º: 3º concelleiro do PSOE
11º: 4º concelleiro do BNG
12º: 4º concelleiro do PP
13º: 2º concelleiro da UPRi
Así, gardando a mesma ordeación que na táboa anterior, os postos foron conseguidos nesta orde:
Onde aparecen en vermello os concelleiros efectivamente obtidos e en azul a orde de asignación dos catro máis que se obterían se o concello tivera asignados 17 concelleiros, como se baraxou que podía suceder nestas eleccións 2011. Pódese ver que corresponden a ordeación dos números en vermello na táboa de resultados.
Nesta última tábo pódese observar que co mesmo número de votos, pero diferente número total de concelleiros, a representación cambia sen ser de xeito proporcional, tendendo a favorecer ós partidos máis votados como se dixo máis enrriba. Igual pasaría se o número de cadeiras dispoñibles fora 12, tendo quedado nese caso UPRi cun só concelleiro.

Ningún comentario: