20110626

Aínda así, o cambio vai calando na xente

Onte houbo (debeu haber, que non asistín) asamblea cidadá en Foz. Non vexo nada na prensa de hoxe. Non obstante, está a crearse outro núcleo de asambleas en Burela, complementario / suplementario do itinerante pola Mariña e Occidente asturiano. E pouco a pouco váise facendo un cambio de mentalidade, de postura e de actuación.
Non creo que haxa que inscribir nese cambio a difusión dunha moción presentada polo PP sobre supresión de barreiras arquitectónicas ó próximo pleno ordinario de Ribadeo, pero vai no mesmo sentido. Neste caso, a transparencia obxectiva do que se fai no concello, aínda que sexa por causa interesada de propaganda de acción dun determinado grupo.