'primeira lectura' |
Alusións á diversidade dos presentes pero cunha maioría de cousas que unen e o obxectivo claro de variar o sistema; á acción más que á cita de palabras, que hai moitas, todas interpretables para o caso; á existencia de bo rollo como clave para unha transformación; a que non chega co bo rollo, senón a honradez; honrados si, pero burros non; lembranza de que existe unha crise; alusións a que en comezo había menos xente que na asamblea anterior, en Navia, e discusión sobre a itineracia da asamblea e horario, determinando que o próximo día de asamblea fóra o sábado ás 20:00 na praza do concello na Veiga; alusións a que o seguinte máis podía ser en Ribadeo, e, para favorecer a asistencia, algunha mesmo se podería desenvolver nunha praia. O nome en relación ás idas e á definición do que é o movemento... rama de discusión que naceu morta, típica discusión que se sabe que vai sair e morrer, pero que é necesario pasar nun proceso dentro da heteroxeneidade de xente. Impostos ós ricos do 1% (hai mecanismos que permiten algo diso, fronte a taxas altas noutros lugares), un límite de interese máximo imposto ás entidades financieiras esta mesma semana (que favorece ós grandes bancos, encabezados por Botín), índice de Gini de 36 en España en 2010 (+2 de desigualdade só no último ano) ...
a media tarde |
Tamén quedou clao que se necesita organización: xurdiu a típica discusión sobre cargos e funcións: funcións si, rotatorias, cargos non, pero non quedaron etablecidas máis que posibles funcións, non o reparto das mesmas, algo que quedou para a asamblea da Veiga.
Houbo unha pequena discusió sobre a falte de medios de difusión na asamblea, pero segundo parece avisáronse aínda que non estiveran. Quedous een difundir asemade o tratado na asamblea, no blog creado a tal efecto e no grupo en facebook.
O establecemento dunha serie de normas de funcionamento para a asamblea quedou para o próximo sábado, xunto coa difusión de por que se está alí entre a xente que acuda á feira de mostras da Veiga. Para isto último, acordouse que a xente participante levara impreso algún documento en folios e/ou algún cartel, paa favorecer a difusión, tendo ademáis en contra que o barullo nunha festa (e a veiga stá coa feira de msotras) fará inaudibles moitas das verbas que alí se digan (espérase ter megafonía; se non pode ser un desastre)
Léronse algúns puntos traídos da asamblea de Sol e quedou craro que a paciencia é algo fundamental nun movemento que, a nivel Mariña-Occidente, está en pañais, e que se debería ater ó principio de democracia real, pero tendo en conta que dentro do movemento xeral existen tendencias particulares e non se está por divisións entre os poucos que acudimos.
En resume, avance pouco a pouco, pero avance...
5 comentarios:
¿Porqué en este tipo de concentraciones/campadas reinan los perroflautas?
Creo que o primeiro sería ver que entendes ti por 'perroflauta', porque coido que estás equivocado, alomenos neste caso.
Muy bien. Lo mas dificil siempre es empezar y romper el hielo.
Un apunte. En Navia tamén fixo a súa "visita" a Garda Civil.
partindo que non me gusta autoencasillarme nunha 'tribu urba', teño que decir que eu podería ser un perro frauta: teño unha cadela e unha frauta (que non toco nada ben, por certo).
ah, e me gosta o kalimocho (aunque millor ser coca-cola).
Publicar un comentario