20110627

Cambios e raigames

Prohibido comer sobre o campo na Rapadoira, en Foz. Só se poderá facer sobre a zona habilitada para tal fin. Algo que se viña facendo hai tempo tentará de non poderse facer. O resultado xa se verá. O aspecto da zona, previsiblemente, mellorará. O alonxamento da xente da praia posiblemente disgustará a máis dun, tanto visitantes como comerciantes (sempre hai algún necio afectado), aínda que tamén fará posiblemente que alguén aproveite o cambio para mellorar as súas contas nunha situación de crise.
Un novo cambio de mentalidade o que se pide, ó que se lle deixa unha alternativa de uso na zona, pero de posibilidades máis reducidas. E algo que foi aplicado sen difundir de xeito previo un aviso sobre o tema.
É previsible tamén un aproveitamento político da oposición, pois o rexeitamente inicial da xente xa se fixo notar.
Un pequeno laboratorio social na vila á nosa beira que aínda pode ter varios finais diferentes. Verase, pero é interesante a postura que tomarán uns e outros, o xeito de actuar e pulsar o sentir. Tanto ou máis ben máis que os razoamentos a favor ou en contra.

Ningún comentario: