Lembra: podes amplialo premendo sobre el |
Pasado, pola Asamblea cidadá ás 8 da tarde.
Mañá, por unha 'macrofesta fin de curso'. Entereime onte polos xornais. E, ó que parece, onte pola tarde había preto de 900 persoas apuntadas. Se consideramos que o fin de curso refírese ó ensino medio (ESO+BAC+FP), e que á xente da ESO, incluída os de 4º, a Consellería de Educación pretende que se vixíen ó baixar e subir do autobús, parecería que non queda xente afectada en toda a Mariña para acadar ese número. Sen contar con que non estou seguro de que a vixiancia da Consellería non pretenda acadar a tódolos menores de idade, co que sinxelamente non habería xente para dito número nin contando toda a provincia de Lugo. Como os autobuses estaban previstos só para a zona costeira e polo interior ata Vilalba, a cousa non se entende ben, a menos que se poñan vixiantes de subida e baixada nos autobuses, o que non é o plan, coido. Claro que ó mellor tanto os estudantes como os pais decidiron, unha vez máis, pasar das condicións de coidado da Consellería e deixalas só para que os profesores se escornen con elas.
E mentras, prepárase un operativo para que se manteña a orde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario