Por baixo da ponte nova, aínda con piares no plano. Ó fondo, a pasarela provisional. |
A pasarela, coa baixada e a parte remendada. |
A superficie da ponte coa capela ó fondo. |
A anterior ponte de pedra foi feita por unha empresa de Mondoñedo, e participou algún dos veciños na súa construcción. A plataforma do que se está a facer veu de Silleda (de cometal, ó que parece de matriz italiana) e estivérona soldando (viu en dous cachos) durante dúas semanas. 74 t de aceiro que viñeron nun trailer con rodas independentes dirixibles por mando a distancia que meteron marcha atrás na pequena estrada da Ponte. Por certo, é abondo máis ancha que a propia estrada. Na actualidade está levantada sobre uns pequenos piares de metal que cortarán para apoiala sobre as beirasde pedra.
Mentres, a auga xa pasou por riba do pontigo provisional, peonil, feito con pranchas de madeira sobre dúas vigas de aceiro en H. Os veciños melloraron o acceso (a baixada de terra), e ó pontigo xa lle houbo que reparar unha prancha do extremo (vese o cambio de cor), ou mesmo houbo que asegurar os tubos da traída de auga para que non os levara a pequena riada.
... e isto sucede nun lugar no que hoxe se bandearán os pendóns, conmemorando unha acción bélica contra os franceses hai douscentos anos,nun núcleo que ten a capela coas pinturas máis antigas que se conservan en Ribadeo, que mereceron un libro, e que baixou de 84 veciños no 1954 a 8 na actualidade... todos 'maiores de idade'.
2 comentarios:
De matriz italiana?!!! A matriz non che sei de onde será, pero a NAI é de LARO (Silleda), coma min.
Alégrome de saber que en Ribadeo vai quedar algo máis da miña parroquia, da que sempre presumo: polo de pronto, eu (e as miñas circunstancias), a madeira do auditorio (que colocou meu irmán) e agora a Ponte de Arante.
Somos unha parroquia pequeniña pero chegamos lonxe!
En serio: eu vin nacer esa empresa en Laro desde a nada, sei ben como naceu, pero tamén é certo que se sobredimensionou e hai uns anos pasou apuros económicos. Non sei como os solventaría;igual caeu nas mans dos italianos para saír do apuro. Non o sei, pero enterareime, por curiosidade.
Iso di a web ...
Publicar un comentario