O pasado maio marcou a paisaxe bloguera de Ribadeo. No ecosistema blogueiro, coa cantidade de bitácoras existente, pode parecer que non se nota moito a defunción de dúas, pero hai que considerar a súa importancia.
En primeiro lugar, unha defunción anunciada, a de 'Eleccións municipais Ribadeo 2011', que tivo a súa derradeira entrada o día 23, cunha duración vital dun mes escaso. Coido que a calidade de comentarios realizados foi unha perda ó non realizarse por un período abondo máis extenso, tanto de preparación como posterior ás eleccións. De calquera xeito, tanto o seu título como as súas intencións declaradas, deixaban ben ás claras o anuncio da súa morte.
Outro blog que morreu, esta vez co mes, foi 'Desmontando tópicos', un blog de comentarios económicos que durou un ano e se despediu onte con máis de 8000 visitas ás costas. Coido que a calidade dos seus comentarios será botada en falta por moitos dos que o seguíamos día a día. Queda un pequeno resquicio de que volte á vida; é unha posibilidade agradable.
En canto a este blog, maio marcou os dous días de máis visitas ata o momento, se ben como mes, quedou segundo en número de visitas dende a súa creación. Non é un mal balance para un vello blog o que se quede en veterano nas lides do contador. E tamén se pode colixir algo dos intereses e consideración que ten a xente que o visita ó ver que o día da marca, 270 persoas xustas, foi o seguinte ás eleccións, e o propio día das votacións, o segundo en visitas ata o momento. De novo, grazas a todos os que o seguides.
2 comentarios:
Un descanso necesario ata que poida reorganizar o tempo dispoñible. Non se poden abarcar moitas cousas o mesmo tempo, xa que elo repercute na calidade do producto e engánase o consumidor.
Non se descarta a volta, ainda que depende de certos acontecementos futuros que supoño se producirán en breve.
De todas maneiras, seguirei fiel a "Ribadeando". Grazas e noraboa polo éxito.
O toupo anda botando a cabeza fóra de novo:
http://eltoupoquefuza.blogspot.com/
Saúdos
Publicar un comentario