Despois de longo tempo pedindo que se publiquen na web, que se de ampla difusión ós plenos, tanto antes (para favorecer a asistencia) como despois (para enterar cidadanía), aparece un pleno claramente difundido na páxina web do concello de Ribadeo:
--
Ese día quedará constituída a nova corporación:
Pleno o sábado
O vindeiro sábado ás 12 da mañá terá lugar no salón de plenos do Concello a constitución da nova Corporación Municipal e a investidura de Fernando Suárez Barcia como alcalde de Ribadeo.
O rexedor en funcións convida "á cidadanía a acudir a este acto democrático que se desenvolverá o vindeiro 11 de xuño". Fernando Suárez lembra que "os plenos son públicos e polo tanto todo o que o desexe pode asistir sempre que queira".
--
... e dase a circunstancia de que ese pleno non necesita difusión de orde do día, por ser monotemático.
Ningún comentario:
Publicar un comentario