Trazado da liña |
esquema de torre |
Anos. É no que se mide o tempo no que a nova liña eléctrica a Ribadeo anda pululando. Con moita opacidade, pero camiñando, cada vez máis achegada ó seu cumprimento.
No concello pode verse o mamotreto / tocho de documentos relacionados que o alcalde dixo que se ían a expoñer, o 'Refundido del proyecto de L.A.T. 132kV E/S sub Folgosa en Ribadeo'. Traducido: O proxecto modificado (levemente) da liña de alta tensión de 132 000 voltios con liña dobre, entrada e saída, para conexión coa liña de Doiras a Mondoñedo dende Vilafernando, coa subestación de Folgosa, en Ribadeo.
A primeira cousa a ter en conta é que unha das dúas liñas está conectado con Doiras (sería a de 'entrada'), e a outra con Mondoñedo (a de 'saída'). Serían torres con 6 brazos, cun esquema básico como o da esquerda (atención, non está a estrutura de ferro representada). O número de cada torre está no mapa no que se detalla o recorrido ata Folgosa dende Vilafernando (dereita). Os cables sairía (sairán) das torres a uns 15-17 m de altura (é algo variablesegundo a orografía)usaráse calbe LA-280 que soportará unha tensión máxima estimada de 2 500 kg forza (24 500 N), acompañado de cable de fibra óptica que terá unha tesnión máxima de 1 650 kg (16 390 N). A liña terá un recorrido total de 9 333 m
A segunda cousa é enterarnos (quenes non estabamos enterados, claro) de quea Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o 24/6/2009 decidiu non submeter a trámite de avaliación ambiental o proxecto (anterior). Como as reformas realizadas non afecta á relación co medio ambiente (iso dí o proxecto actual), pois tampouco é necesario submetelo... co que o que queda de alegacións é o correspondente 'a ver se podo evitar que pase por riba da miña leira para ter o ceo aberto' ... É dicir, o que aquí se pon é mera curiosidade de algo quese está a ver a aga pasada.
Outra cousa máis é que no proxecto (as primeiras poucas páxinas do tocho) aparece unha referencia ó anexo cálculo, en relación a cálculos varios de posgta a terra. Dito anexo non aparece no mamotreto do concello. Quen quera velo, a Lugo
Enclave aproximado onde irá a subestación en Folgosa, en foto do SIGPAC. A extensión que ocupará cuadruplica á sinalada. |
Ningún comentario:
Publicar un comentario