Atópome a tira recortada dun vello artigo, 'leccións e retos da victoria de Obama', que se pode ver na rede que é do 13 de novembro do 2008. Unha relectura non deixa de ser curiosa, pero trata dun tema diferente ó que me viu á cabeza ó ver o título: as espectativas e realidades de Obama en comparación con outras espectativas e realidades, como as dos concellos actuais ou as do movemento 15M.
É un tipo que cae ben. Sen estar entusiasmado con el, mirábao dun xeito positivo, cousa que desapareceu totalmente cando lle deron o Nobel. Non é que teña antipatía ó Nobel da Paz, é que a Obama llo deron por espectativas que xa nese momento eran de dubidoso cumprimento mesmo como tales espectativas.
Respecto ós concellos, coido que se pode estar máis ou menos contento cun resultado determinado, ou mesmo co resultado xeral, pero non vaiamos dar o Nobel antes de tempo, o mesmo que pasou con Obama.
E respecto ó movemento do 15M, non hai o problema do Nobel: se nalgures despertou o entusiasmo, coido que sempre foi mediatizado polas poucas posibilidades reais de repercusión inmediata.
Ben, o caso é que Obama, anos despois, presenta unha realidade 'real', abondo apartada do entusiasmo que aparecía xusto despois do seu victorioso paseo electoral. As condicións, dirase. Nos outros casos tamén haberá condicións, pero no 15M prantexouse unha acción a longo prazo, e os resultados da indignación non se esperaban doados, senón froito dun traballo, contando con esas condicións, e sen ter unha folla de rota totalmente delimitada. Quizáis fóra convinte máis claridade no movemento, ou máis uniformidade, ou ... pero precisamente unha fermosa poesía dío ben clariño: fáise camiño ó andar. E nesas estamos.
En canto á outra realidade comentada, a dos concellos, coido que pola estrutura correspondente (eleccións, propaganda, entidades constituídas, ...) pode estar máis achegada ó de Obama que ó do 15M, pero rara vez se atopará nesa nube de entusiasmo que non deixa ver, algo terá influído xa o movemento 15M e a experiencia de vecindade de partidos, electos e electores para ter en conta os versos de Antonio Machado: 'golpe a golpe, verso a verso' ... con traballo, con lembranza do camiño, día a día, tanto por parte dos electos como dos electores. En canto ós partdos, son entidades, non persoas: as persoas están detrás/dentro.
A finais desta semana cosntitúense os novos plenos nos concellos: con esperanza, pero coa realidade por diante, con traballo dos políticos e tamén dos veciños, que o voto non exime destas outras cousas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario