20110614

Xa fixemos a nosa función, agora a descansar ...

 A nosa función? votar. Estamos nunha democracia representativa, non? Unha volta elixidos os representantes, nós tranquilos, xa estamos representados. Ata dentro de catro anos na vía municipal.
A perda de dereitos asociada a ese xeito de actuar é evidente. Era aló polo 2005 cando a un alcalde, nunha mesa redonda no salón de actos da casa do mar selle ocorreu dicir algo así como que estaba facendo o que quería, e que se había algo que protestar, xa virían eleccións. Nese momento, interrumpín a súa disertación (non lembro ter interrumpido outra disertación pública de tal xeito)para dicirlle que non seguira por ise camiño, que a rendición de contas é tódolos días, que somos cidadáns cos mesmos dereitos que os políticos. O caso é que daquela armouse un pequeno revuelo, e cousa dun par de anos despois, o alcalde deixou de selo.
Perder dereitos é do máis doado. Chega con non usalos. Xa haberá quen os use. A democracia necesita participación para ser 'real', o que significa unha actividad participaciva consciente, un esforzo diario nese sentido, en axudar a construír o noso futuro. Hai moitos lugares onde se explica isto. Hoxe mesmo recibín unha ligazón a un vídeo sobre a participación e os problemas dos que gozamos na actualidade. É unha posibilidade máis de ilustrarnos sobre o tema. Hai moitas.
Que falta pois? a nosa prticipación consciente no día a día. Iso é o que reclaman os indignados do 15M. Iso é o que reclamamos moitos sen quizáis sabelo, sen ser conscientes. Moitas das vías desa participación hainas, pero como se non a houbera. Ou están pendentes de desenvolvemento. Dende o estar enterados do que pasa no concello (xa veremos se hai quen recolla a idea lanzada por O Tesón que podeería ser un primeiro paso nese sentido), incluído as pequenas cousas que afectan directamente a cada un, pasando por facerse escoitar ata a participación na toma de decisións.
Pouco a pouco, pero sen pausa. Poñamos por caso, na asamblea cidadá de A Caridade houbo quen se apuntou a acudir a varios plenos seguidos, como 'inmersión no funcionamento da democracia actual'. E é que hai que facer un esforzo para entender que pasa nos plenos (e iso que en Ribadeo coio que melloraron moito no pasado mandato).
En fin, pequenos pasos -feitos de xeito consciente- para recobrar entre todos o control da propia vida social, dos nosos dereitos e obrigas (aínda que esas son ás veces máis doadas de recobrar e mesmo aumentar)

2 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Que razón tienes Antonio. Por cierto felicidades con un dia de retraso.
Es curioso que ahora que las asambleas del 15M llegan a los barrios de Madrid, una de las resoluciones que se van discutiendo sean las que invitan a la gente a acudir en masa a los plenos de las juntas de distrito municipales. Ultimamente muchas de ellas se han convertido en un simple despacho entre los concejales. Las colocan por ejemplo en horarios tan improcedentes como las 2,30 de la tarde con la excusa de facilitar la vida familiar de los señores y señoras concejales y concejalas...

agremon dixo...

De feito, un acordo tomado que incumbe ós participantes de Ribadeo é ir ós plenos.