20110706

Con dous días de retraso

Con dous días de retraso retomo algo que no seu momento non sei por que deixei parado: a ligazón ó xornal '15M News', descargable en pdf, o xornal dos indignados en Sol.
Agora é José Mª quen me envía a ligazón, e á mañanciña vexo que paga a pena poñelo no blog. É xornal, pero non para todos os días: sairá luns e xoves. Un detalle interesante moi na liña do movemento, que parece contradicirse a si mismo gardando ó tempo unha liña de pensamento e actuación móbiles pero coherentes.
Ten novas recollidas dos medios, pero tamén novas internas, nunha mistura ó que se ve, equilibrada. Igual pasa coa relación entre asambleas en diversos lugares. Sendo o xornal de Sol, abrangue novas en porcentaxe importante tanto doutros lugares do estado como doutros países. E reparte o espazo entre novas e comunicados. Vamos, polo momento, un exemplo de equilibrio.
O momento do nacemento non é baladí, e pódese atopar que é precisamente cando os medios tradicionais van cedendo as portadas a asuntos 'máis mundanos', e mesmo as novas sobre o  movemento van desaparecendo do interior. É un xeito de dicir algo así como 'se xa non vos somos útiles para vender xornais, xa non nos sodes útiles para  a difusión', ó estilo do que noutros tempos se chamaba 'compañeiros de viaxe' que agora apsan a estar non divorciados, pero si separados, seguindo cada un o seu camiño.
Nace ademis nun momento de reorganización do movemento, que non de retirada, en parte na procura do contacto directo con xente que non usa as redes sociais que seguen queimando etapas de relación interna do 15M e externa do movemento con simpatizantes.
En fin, nace. E dou nova do parto ó tempo que lembro os enderezos na web das ramas do 15M máis próximas a nós: no blog e en facebook. (nota: no blog pódense ver as actas das asambleas, aínda que vaia con retraso, pois a última reseñada é a de Ribadeo)
Relacionados hoxe na rede: Unha entrevista indignada. Entroncando co 15M: sobran concellos.

Ningún comentario: