20110721

Culpables, os servizos xurídicos municipais?

Iso se desprende das verbas que días pasados recolleu a prensa a conta dos rochos a rebaixar da r/Irmáns Moreno Ulloa. Se collemos ditas verbas, e as misturamos coas recollidas nun post anterior, resulta que se se fixo 'todo o que lle indicaron os servizos xurídicos municipais que era necesario facer', e hai unha condena ó concello, os condeados deberan ser os servizos municipais concretos correspondentes. Coido que o tema non se aclarará, porque seguindo tradición non vai ir ninguén dos interesados a aclaralo, co que vóltase á situación xa descrita no post de hai uns días, profundizando no alí dito ...

Ningún comentario: