O verán de vacacións comezou. Xa me preguntaron onde estaba un hotel, e para ir ('andando') ás catedrais. Neste segundo caso, expliquei que había un bus ás praias. Pero, que eu saiba, non hai un bus 'ás catedrais' que poidera cubrir o servizo cun mínimo de resutlado por número de idas e voltas. Razón de mías para insistir que un bus de ida e volta pola zona rural (monte/rasa e praias cando cadre)podería ser rendible segundo as condicións. Por certo que mentras non haxa un estudo cun mínimo de adicación, a cousa pode ser non rendible, pero ó tempo estar disposta para que se poña un servizo que non cumpra mínimos.
E, nas praias, un detalle. Parece que o 1 se puxeron socorristas, como foi anunciado polo concello, pero unha praia que está tendo cada ano máis aceptación (polo menos cando non está baia a marea), a dos bloques, está sen socorrista (non é novo), sen servizos e sen ducha, o que si é novo, xunto co resultado das obras que parecen continuar aínda, pois hai sinalización de obra, pero estar máis ben a espera dunha inauguración.
O anterior lémbrame un vello tema: o muíño da Ignacia, restaurado non hai tanto e que xa sufriu queimaduras mentres está abandoado de novo. Está visto que se as cousas non prestan un servizo dalgún tipo, rematan mal, comezando porque a xente non as coida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario