Lembrádesvos do mexadoiro de King Kong? Pois está seco, King Kong non debe mexar ...
|
O mexadoiro de King Kong, encadrado entre dous edificios emblemáticos de Ribadeo. |
Onte pasei polo parque do mineral e vin que estaban a retirar a balaustrada (o que quedaba dela). Ben feito. Non sei se a repoñerán (a orde de recollida parece indicar un aproveitamento do retirado) ou non. O certo é que o parque está mellor así, que cunha apariencia de desatención total.
|
O parque do mineral, sen balaustrada de madeira. |
|
Unha vista do fondo da ría de Ribadeo dende o parque que substuíu a escombreira de mineral |
Por certo, que tamén onte puiden observar un camiño novo na Catedrais, o que une o vello aparcamento co novo (sinalado na imaxe)
|
A zona das catedrais, no visor do SIGPAC. sinalada en negro a rotonda que liga a estrada da costa coa estrada nacional. En vermello, a liña que marca o sendeiro (que conecta cun acceso a Esteiro, e mesmo ó cantil dos arcos). Na parte inferior esquerda, a zona habilitada para aparcamento. |
Relacionados:
Fotos de novidades en Ribadeo
Voluntarios
Cinco imaxes, un só Ribadeo
Ningún comentario:
Publicar un comentario